Skip to Content

BASES PARA O CONCURSO DE MICRORRELATOS "FEATHERS ON A WOMAN"

BASES PARA O CONCURSO DE MICRORRELATOS "FEATHERS ON A WOMAN"

Co gallo da exposición Feathers on a woman e da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, os departamentos de linguas do IES Leliadoura convocan un concurso de microrrelatos para sensibilizar contra a violencia de xénero.

DESTINATARIOS/AS:

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado a partir de 3º da ESO.

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

  1. Os traballos consistirán en microrrelatos orixinais inspirados nunha fotografía da exposición de Usos Múltiples antes mencionada.

  2. Os textos poderán estar escritos en todas as linguas que se imparten neste instituto (galego, castelán, inglés e francés)

  3. Haberá dúas categorías:

      • 1ª categoría: 3º, 4º ESO e FPB.

      • 2ª categoría: Bacharelato e Ciclos.

  1. Cada participante só poderá presentar un único traballo na lingua elixida.

  2. Os traballos deberán presentarse en letra Arial, tamaño 12, interliñado sinxelo e marxes non inferiores a 2 cm.

  3. A extensión máxima do texto presentado a concurso non poderá superar as 100 palabras (8 liñas)

  4. O texto deberá levar como título o número da foto en que estea inspirado.

  5. Os textos presentaranse sen sinatura e irán acompañados dos seguintes datos persoais: nome, apelidos e curso. Estes datos irán en sobre pechado grampado ao texto.

  6. Os traballos presentaranse en man na Conserxaría do centro e depositaranse nunha caixa de cartón que habilitaremos para este fin, incluíndo un sobre pechado (grampado ao folio do microrrelato) cos datos persoais e a categoría pola que se presenta.

  7. Todos aqueles traballos presentados que non reúnan as condicións fixadas nestas bases, serán automaticamente excluídos, non pasarán a fase de selección e non serán, polo tanto, obxecto de exame por parte do xurado deste certame.

  8. O prazo máximo de entrega é o 26 de novembro de 2018.

  9. Haberá tres premios para cada categoría.

  10. Os traballos gañadores serán traducidos a todas as linguas e publicados na páxina web do instituto.



image | by Dr. Radut