Skip to Content

EN GALEGO TAMÉN CONTA

 

A partir do 31 de outubro e no mes de novembro no noso centro o equipo de normalización tiña programado facer durante todo o mes unhas sesións de contacontos en galego e abríu esta actividade Daniel Gómez Ramil con contos de samaín, contos de medo e outras historias contadas polos máis vellos recolleitas da tradición que se contaban polas noites ao pe do lume das lareiras.

 

 

O alumnado que participou nesta actividade na biblioteca do centro estivo moi atento e pasáronno de medo.

 

 

A decoración con elementos propios desta data coma cabazas, bruxas, arañas, corvos, pantasmas, buhos, caveiras foron feitas polo alumnado e tamén con globos imitando cabazas que se fixeron na aula de plástica.

 

 

 

 

A parte disto a profesora de Orientación Mari Carmen González trouxo uns doces feitos por ela con motivo do samaín, e ides comprobar o boa reposteira que é seguro que sabe tan ben como se ve que esta feita con moito gusto e detalle.

 

 

Logo tamén esta o cuncurso de cabazas que a ANPA do leliadoura organizou para todo o alumnado

 

 

 

 

Foi un Samaín con moito gusto!

 

EN GALEGO TAMÉN CONTA


image | by Dr. Radut