Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

05/11/2018

De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Instituto.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituíu o día 5 de novembro e está integrada pola Directora do Centro e por representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, designados por sorteo.

Censo:

A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais.

Os censos electorais pódense consultar no centro

Candidaturas:

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura ao Consello Escolar polos distintos sectores (alumnado, responsables, profesorado ou persoal non docente) poden descargar, cubrir o modelo de candidatura e entregalo na secretaría do centro antes das 13:30 do 16 de novembro de 2018.

Candidatura alumnado

Candidatura profesorado

Cantidatura responsables

 

RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR CURSO 18/19
   PROFESORADO   4    
  ALUMNADO   2   
  PAIS/NAIS/TITORES/AS   3   

 

 

Calendario:

5 Novembro

 Primeira reunión da Xunta Electoral:

  • Aprobación da súa constitución
  • Aprobación do calendario de actuacións
  • Publicación das convocatorias de eleccións e dos censos
7-16 Novembro  Presentación candidaturas até as 13:30 horas
19 Novembro

 Segunda reunión da Xunta Electoral:

  • Admisión, proclamación e publicación das candidaturas
  • Aprobación dos censos electorais
  • Aprobación papeletas
  • Sorteo público membros das mesas electorias

  Claustro para informar das eleccións ao Consello Escolar

26 Novembro

 Eleccións Consello Escolar:

  • Alumnado: 10:30h a 12:00h
  • PAS: 12:00h a 12:30h
  • Responsables: 16:30h a 18:30h

 Claustro extraordinario: 12:30h

28 Novembro

 Terceira e última reunión da Xunta Electoral

3 Decembro  Constitución Consello Escolar en sesión extraordinaria

 

 

AnexoTamaño
2018-11-05Candidatura profes.pdf125.27 KB
2018-11-05Candidatura anpa.pdf124.74 KB
2018-11-05Candidatura alumnado.pdf125.29 KB


event | by Dr. Radut