Skip to Content

Videoconferencia - Nivala - Frións

Esta semana conseguimos facer a nosa primeira videoconferencia cos nosos amigos finlandeses!

O alumnado de 3º ESO B tivo a sorte de ser o primeiro en participar nesta actividade lingüística e cultural que forma parte do proxecto Etwinning "Making Friends" que está a levar a cabo o departamento de inglés do noso centro e o do Niva-Kaijan Koulu . Embaixo podedes ver algunha das instantáneas do momento. Na foto do medio podedes ver a Simón facendo as súas preguntas. Tamén aparece Mariña consultando no seu móbil o cuestionario de Google Docs creado de maneira colaborativa polo alumnado de 3º ESO.

Foi moi satisfactorio para o profesorado involucrado velos tan motivados e emocionados. Da gusto velos asi! Oxalá poidamos facer algunha outra sesión deste tipo antes de que remate o curso xa que foi toda unha experiencia que disfrutamos moito tanto nós como os nosos amigos nórdicos que xa están desexando volver a poñerse en contacto con nós según nos dixo esta semana a súa profesora Anni Ahokangas. 

                           

                                                

                   

 

Por último, gustaríanos agradecer a inestimable axuda dos compañeiros do departamento de informática, Carmen Bueno e Gonzalo Rodríguez, para os temas técnicos e a todos os implicados na petición e posterior instalación da fíbra óptica do centro. Sen vós e sen a motivación dos nosos Leliadouros, esto non tería sido posible! Moitas gracias a tod@s!



page | by Dr. Radut