Skip to Content

"O galego,a miña lingua propia"

"O galego,a miña lingua propia"

Co título "Música Tradicional desde e para a contemporaneidade"

os alumnos e alumnas de terceiro (A)  de ESO do IES Leliadoura, van poder disfrutar  o vindeiro luns  21 de maio na sala de usos múltiples da actuación  de DAVIDE SALVADO que nos concede a Diputación da Coruña por mediación do Equipo de Normalización Lingüística do Concello. 

Davide Salvado é unha das voces máis carismáticas do noso país.De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se vai atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respeto pola terra,fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.

Nesta actividade fará un percorrido pola nosa tradición oral cantada, explicándonos de onde provén a música que interpreta e mostrándonos os ritmos e as copias máis representativas, sempre desde a visión de como se entendería hoxe en día esa música teadicional se tivese evolucionando con nós con normalidade.

Dende o eqipo de dinamización e normalización do centro queremos que disfruten desta reinterpretación dende unha óptica contemporánea.

 



image | by Dr. Radut