Skip to Content

Visitamos INDITEX

Este venres, día 27 de abril, viaxamos co alumnado de Administrativo á sede central do grupo galego Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex).  Poidemos ver in situ o despliegue loxístico co que contan e tamén comprobar como dende alí xestionan a moda de medio mundo.

É o primeiro grupo europeo de confección de roupa e a terceira empresa do sector a nivel mundial. Está composto por case un cento de compañías de deseño, fabricación e distribución téxtil. Amancio Ortega, o home máis rico de España (e de Europa) é o fundador e o accionista maioritario. O seu presidente actual é Pablo Isla.

Inditex a 31 de xaneiro de 2018 ten 7.475 tendas en todo o mundo e posúe as marcas Massimo Dutti, Bershka, Oysho, Pull and Bear, Stradivarius, Zara, Tempe e Uterqüe, e tamén a marca de baixo custo Lefties. En marzo de 2015 Inditex acadou un valor en bolsa de 89.761 millóns de euros, sendo a segunda empresa do IBEX-35, despois do Banco Santander.

A maioría da produción atópase en países con man de obra barata como Marrocos, China e Turquía, malia que boa parte da produción continúa en España e Portugal, en particular a da marca Zara. Ademais, Inditex ten unha fábrica de deseño e produción de calzado na vila de Elx.

Visitamos INDITEX


image | by Dr. Radut