Skip to Content

"ANAGNÓRISE" ÍMOS AO TEATRO

"ANAGNÓRISE"  ÍMOS AO TEATRO

ESTE ANO 2018 A AUTORA HOMENAXEADA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS É A ESCRITORA  MARIA VICTORIA MORENO E DENTRO DA SÚA PRODUCIÓN LITERARIA DESTACA A OBRA "ANAGNÓRISE".

 

O ALUMNADO DE SEGUNDO E CUARTO DA ESO ACUDÍU AO AUDITORIO MUNICIPAL PARA VER A REPRESENTACIÓN TEATRAL QUE É UNHA PRODUCIÓN DA EDITORIAL GALAXIA E REPRESENTADA POR PARTE DO GRUPO DE TEATRO LIMIAR.

"ANAGNÓRESE".- E O RECOÑECEMENTO DUN FEITO OU PERSOA POR PARTE DAS PERSONAXES QUE LLE DÁ Á OBRA UN XIRO DECISIVO E CONDUCE O ARGUMENTO AO DESENLACE.

 

BRAIS IRIARTE E FRAN NUÑEZ SON OS DOUS ACTORES DESTA OBRA NA QUE CONTAN A RELACIÓN DE NICOLAU CON XULIA NUNHA VIAXE DENDE AS RÍAS BAIXAS ATA MADRID.

O PROTAGONISTA PRINCIPAL DE ANAGNÓRISE, NICOLAU ARÍS ,UN RAPAZ  CON PROBLEMAS QUE UN DÍA DECIDE DEIXAR OS ESTUDOS NO INSTITUTO E MARCHA A MADRID CO PROPÓSITO DE ENCONTRAR A UNS AMIGOS QUE SE DEDICAN A NEGOCIOS RELACIONADOS CO TRÁFICO DE DROGAS.

A VIAXE EN AOUTOSTOP FAINA CUNHA MULLER INTELIXENTE QUE O RECOLLE NA ESTRADA E COA CAL FALA DURANTE AS HORAS QUE PASAN XUNTOS NO COCHE.

 

 

O ESPECTÁCULO PRESÉNTASE NO DESGUACE ONDE CHEGOU O COCHE DE XULIA DESPOIS DO FATAL ACCIDENTE QUE DESENCADENA A ANAGNÓRISE

 

DOUS OPERARIOS COMENZAN A DESMONTAXE DO COCHE E CADA PEZA REMITIRÁ A UN MOMENTO DA HISTORIA DENDE A PARADA A TOMAR O POLBO ATA O DERRADEIRO CAFÉ EN MADRID

 O ALUMNADO DE SEGUNDO DA ESO LERON NA CLASE COA PROFESORA DE LINGUA GALEGA A OBRA NA AULA E LOGO APROVEITARON PARA IR VELA AO TEATRO

 

 

  

 

AMOSAMOS ALGUNHA DAS CRÍTICAS E OPINIÓNS POR PARTE DESTE ALUMNADO

 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA



image | by Dr. Radut