Skip to Content

Viaxe a Londres

Un ano máis o alumnado de sección bilingüe do IEs Leliadoura desprazouse ao Reino Unido para ampliar os seus coñecementos sobre a cultura británica e perfeccionar o seu inglés.
Este ano a cidade elixida foi Londres, a onde foron 34 alumnos/as de 1º de bacharelato e 4º de ESO que estudan xeografía e Historia en inglés, acompañados polos profesores de Historia, inglés e Plástica. Estiveron alí 5 días, desde o 7 ata o 11 deste mes.
Entre as actividades que levaron a cabo cómpre salientar as seguintes:
- Entrevistar a unha persoa londinense que atopasen na rúa.
- Visitas ao British Museum, National gallery, National History Museum e Science Museum.
- Entrada ao London Eye e ao Lodon Dungeon (onde lles contaron de forma teatraliazada a historia dos crimes en Londres desde a Idade Media ata a época de Jack o Destripador).
- Asistencia ao musical "Kinky Boots".
- Excursión a Greenwich.
E, claro está, visitas aos principais lugares de interese turístico e histórico da capital británica, como Buckingham Palace, Portobello Road, Notting Hill, Hyde Park, Picadilly Circus, etc.

Viaxe a Londres


image | by Dr. Radut