Skip to Content

PERGAMIÑO VINDEL "Unha excursión para recordar"

PERGAMIÑO VINDEL "Unha excursión para recordar"

 

 

Unha excursión para recordar

 

O día 16 de febreiro fomos a unha excursión a Vigo (a metrópole de Galiza) para ver a exposición temporal dunha obra galega moi importante, que leva tempo sen estar en Galiza, chamada o Pergamiño Vindel, o cal contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax, as cales son obras da Idade Media cantadas por unha muller ao seu noivo (amigo significaba noivo naquela época) expresando a dor que lle provoca a súa falta.

Nesta exposición aprendemos primeiro un pouco de contexto da Idade Media, os instrumentos (a viola de brazo), a súa sociedade (dividida en plebeos, a clase máis pobre; nobres e clero, as clases máis poderosas) e a súa arte (pintura e escultura) con exemplos visuais desta última.

Finalmente contemplamos o Pergamiño a través dunha vitrina e contáronos cousas sobre el.

 

Realmente foi unha excursión xenial e estou desexando que se fagan máis excursións tan interesantes coma esta.

     Javier Pérez Rodríguez

  (3º ESO)

 

 



image | by Dr. Radut