Skip to Content

Procedemento ordinario de admisión do alumnado - Curso 2018/2019

Prazas disponibles estimadas

Nivel Vacantes estimadas
ESO 1º  25
ESO 2º  7
ESO 3º  11
ESO 4º  19
BACH CCTEC 1º  16
BACH HCS 1º  3
BACH CCTEC 2º  14
BACH HCS 2º  15

 

Información ao alumnado e ás familias

Normativa reguladora:

  • DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que  se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Pode atopar toda a información en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/Axuda.action

 

Prazos do proceso de escolarización:

  • O prazo de presentación das solicitudes de reserva para un centro de adscrición abranquerá do 1 ao 15 de febreiro de 2017, ambos incluídos.

  • O prazo de presentación das solicitudes de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2017, ambos incluídos.

 

Solicitude de reserva de praza e de admisión:

  • Reserva: O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos
    de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación
    «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario
    normalizado (ED550A) que se publica como anexo I desta orde. O prazo de presentación
    estará comprendido entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano.
    O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes
    e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación
    «admisionalumnado» e na páxina web da consellería competente en materia de educación

  • Solicitude de admisión: O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
    As solicitudes de admisión, serán dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade
    dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación
    de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
    Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como
    primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa
    reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.

 

Importante:

  • A solicitude de posto escolar será única e presentarase en centro en que a/o solicitante pretende ser admitido ou na sede electrónica a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro e que presente solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro e que presente solicitude de admisión nountro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserve antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril, podendo presentar reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o Consello Escolar.

Publicaranse as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio contra as que se poderá iterpor recurso de alzada ou reclamación ante a persoa titular da xefatura territorial.

 

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula utilizando o Anexo III da ORDE do 12 de marzo de 2013:

  • Do 25 de xuño ao 10 de xullo no prazo ordinario

  • Do 1 ao 10 de setembro no prazo extraordinario

 

Centros adscritos ao IES Leliadoura:

  • 15025281-CEIP de Olveira

  • 15014261-CEIP Heroínas de Sálvora

  • 15014271-CEIP Plurilingüe de Artes

  • 15021731-CEIP Plurilingüe de Frións

  • 15014465-CEIP Plurilingüe de Palmeira

  • 15014544-CEIP Plurilingüe O Grupo

  • 15024771-CEP Plurilingüe de Carreira

  • 15014532-CPR Plurilingüe Bayón

  • 15014416-CPR Plurilingüe La Milagrosa - Josefa Sobrido

  • 15014349-CPR Sagrado Corazón de Jesús



page | by Dr. Radut