Skip to Content

Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres … (Antón Cortizas)

Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres … (Antón Cortizas)

Bolboretas contra a violencia de xénero

O alumnado de pástica de 1º e 3º de ESO realizaron unha fermosa composición a base de bolboretas de diversos tamaños e cores. A súa profesora Carmen Ozema Mirabal foi a que lles fixo a proposta e os dirixiu.

 

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para sensibilizar á poboación sobre este problema e esta data en concreto para recordar ás irmás Mirabal.

 O 25 de novembro de 1960 Minerva, Patria e María Teresa Mirabal apareceron mortas no fondo dun barranco en República Dominicana.

O múltiple asasinato foi perpetrado pola policía secreta dese país e ordenado polo dictador Rafael Leonidas Trujillo. Desde entón, o nome das Mirabal converteuse no símbolo mundial contra a violencia de xénero.
Eran coñecidas como “Las mariposas” e sumaban polo menos unha década de activismo político antes de ser asasinadas.

A profesora de plástica, Carmen Ozema Mirabal,sobriña directa das irmás Mirabal, tamén dou unha charla sobre a violencia de xénero na biblioteca do centro

 



image | by Dr. Radut