Skip to Content

O Apalpador

O Apalpador

VAI CHEGAR O NADAL E DENDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA QUEREMOS QUE O ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO PARTICIPE ESCRIBINDO UNHA CARTA AO APALPADOR .ABRIRASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DENDE O DÍA 1 DE DECEMBRO ATA O DÍA 15 

QUE É ESTE PERSONAXE? O vello apalpador tamén chamado en zonas Apalpabarrigas,ou Pandegueiro en partes do Ourense oriental, é unha figura da lenda galega que achega os agasallos ás nenas e nenos a noite de ano vello (ou a de Nadal) baixa das devesas do Courel, entra  pola noite nos cuartos e moi silenciosamente lles apalpa as súas barriguiñas para ver si están ben mantidos. Se están cheas dilles : "Así esteas todo o ano" e deixalles unha presa de castañas

Os pais cantábanlles unha cancíon para tranquilizar a inquedanza dos rapaces pola chegada do apalpador.

Vaite logo, meu neniño

marcha logo para a camiña

que vai vir o apalpador

apalparche a brriguiña.

Xa chegou o día grande

día do noso Señor

Xa chegou o día grande

e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,

que haberá gran nevarada

e há vir o Apalpador

cunha mega de castañas.

Por aquela cemba

xa ven relumbrando

o señor Apalpador

para darvos o aguinaldo.

 

(Recollida en Romeor do Courel en decembro de 1994 por José André Lôpez Gonçâlez)

A TRADICIÓN DO APALPADOR E A NOITE DO APALPADOIRO ESTABAN TOTALMENTE PERDIDAS Á ENTRADA DO MILENIO ACTUAL.MANTÍÑASE A LEMBRANZA DUNHAS POUCAS PERSOAS NACIDAS NA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XX E QUE AS VIVIRAN DE PEQUNEAS. GRAZAS A ELAS, AO ESTUDO POR PARTE DUNS POUCOS E AO ESFORZO DE MOITAS PERSOAS,FOISE RECUPERANDO ESTA FIGURA DO NADAL GALEGO 

Na tradición oral recollida, descríbese coma un xigante de oficio carboeiro que viste casaca esfarrapada e con retallos, usa boina e aliméntase de bagas e xabarís. Isto deberase interpretar, cremos, e non tomar literalmente xa que, como aconteceu no centro e norte de Europa, parece que moitos destes personaxes míticos foron deturpados cunha esaxerada moralidade do ben e do mal, outorgándolle aos ritos primitivos o estamento do mal e aos novos o do ben. Coma mostra, só aténdase aos personaxes do norte da península Ibérica, leñadores ou carboeiros, e pensen logo en quen traía na España os agasallos ás nenas e nenos bós: os Reis Magos, e se eran malos?: traían carbón! 


OS CASOS MAIS RÓXIMOS

O Olentzero é probablemente o máis consolidado da nosa contorna próxima. O primeiro que hai que recordar é que a súa recuperación data dos anos cincuenta e hoxe en día é a primeira das escollas das nenas e nenos vascos por riba do Santa Claus e dos reis. 

O ANGULERO Creouse no 2008 pola asociación cultural Garabuxada de San Juan de la Arena, trátase dun pescador que vive no mar dos Sargazos e que vén no Nadal a Asturias para pescar angulas. Cos cuartos que gaña da súa venda, mércalles xoguetes e lambetadas a nenas e nenos.

O Esteru é un personaxe cántabro e asturiano con moitas similitudes ao Olentzero, tamén leñador. Fai xoguetes de madeira e repárteos acompañado do seu Burru. Segundo parece, fixo parte da tradición perdida e narrada por un par de persoas de Comillas que lembraban o mito ao que se lle xuntaron logo outras lembranzas por Cantabria adiante até Asturias. Cóntase que foi atopado cando bebé polo séquito de ananos dunha fada do bosque e criado por uns anciáns leñadores da montaña; comezou a facer xoguetes de madeira para unha familia moi probe e con moitas nenas e nenos e a seguir repartíaos por toda Cantabria e Asturias; un día entrou nun incendio a salvar uns nenos e unha viga matouno, pero a fada que o atopara devolveulle a vida e agora é inmortal.

 

O Tientapanzas

Tientapanza o Tientapanzas é un personaxe exclusivo da cidade sevillana de Écixa que se recuperou no ano 2004 e que, segundo as lembrazas dos maiores da vila, apalpaba as barriguiñas das nenas e nenos para logo informar aos Reis Magos de se estaban mantidos e que eles lles levasen ou non os agasallos. Os propios ecixanos recoñecen nel ao Apalpador e cren que a tradición vén da repoboación que fixeran os Reis Católicos logo da conquista da zona. Curiosamente vai ás casas o 24 ou o 31 de decembro segundo as familias. Dende a súa recuperación faise un desfile polas rúas de Écixa e ao remate recibe aos pequenos, apálpalles a barriga e dilles que sigan comendo «así todo el año», logo dalles un agasallo. Como poderá verse polas datas do rescate, nin estaba escrito o texto de José André Lôpez, nin a Gentalha iniciara a revitalización do Apalpador, polo que podemos deducir doadamente o forte enraizamento do costume nas familias que repoboaron Écixa, que o mantiveron vivo centos de anos. Tamén parécenos unha curiosa mostra de como pode evoluir un costume segundo a contorna que a sostén, aquí, o Apalpador-Tientapanza convértese nunha especie de axudante dos Reis Magos para poder convivir con eles.



image | by Dr. Radut