Skip to Content

EPITÁFIOS EN GALEGO TAMÉN

EPITÁFIOS EN GALEGO TAMÉN

Os epitafios son un texto que co que se trata de facer unha lembranza ou honra sobre unha persoa falecida, ou ben sobre a propia vida. Normalmente  inscribese nunha lápida ou placa .

A maioría dos epitafios  dedcanse a lembrar as bondades e virtudes do defunto ainda que hai excepcións, algúns epitafios divertidos deixan claro que o humor vai máis alá da morte.

Entre os que máis chaman a atención son aqueles que quixeron despedirse da vida facendo uso da prosa máis inxeniosa como por exemplo: 

MEL BLANC, o home das mil voces toda unha institución da dobraxe , ESO É TODO AMIGOS (THAT'S ALL FOLKS)

Johann Sebastian Bach " Dende aquí non se me ocurre ningunha fuga"

Frank Sinatra "O mellor está por chegar (The best is yet to come)

A través do humor, moitos encontraron a oportunidade para deixar constancia de que a súa partida non ten que convertirse nun derrame de bágoas; ao menos non por o feito da pérdida en sí.

Cunqueiro quixo que figurase na súa tumba "Eiquí xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis"

Groucho Marx "perdoen que non me levante" e na da súa sogra:" RIP, RIP,  HURRA!"


Diofanto naceu en Alexandría pero non se coñece nada con seguridade sobre a súa vida salvo a idade á que faleceu grazas ao epitafio que escribíu en forma de problema e conservado na antoloxía grega

  Logo desta presentación o que queremos facer dende o Departamento de Normalizacion e Dinamización da Lingua Galega; é que todo aquel que queira participar pode presentar un epitafio escrito  en lingua galega, deben ser orixinias, pero non poden ser nin ofensivos nin incluir groserías....

  Veña...Imaxinade e poñedelle cratividade a como vos gustaría escribir o voso  epitafio, ou tamén  para quen vos  queirades. 

Orixinalidade e  correción lingüística serán recompensadas.

Pódense entregar ata o 27 de outubro como data límite na conserxería.

Haberá tres premios para o alumnado e outro para pais/nais do alumnado e personal don docente e profesorado.

e que teñades unha sorte ,,,,,,de    MORTE!!!! "¨_¨" 

Tamén podemos ver esquelas un tanto particulares que nos chamaron a atención

 

Como podedes ver todas estas esquelas foron insertadas de internet e non encontrei ningunha escrita en galego por iso dende o equipo de dinamización queremos promover o uso da nosa lingua tamén dándolle vida incluso  na morte.

E se por Santos e Defuntos ides visitar o camposanto e encontrades algunha sepultura escrita en galego ou algún epitafio nas lápidas anotádeo porque pode ser interesante e fóra do común.

Todo o que se recolla no centro despois facerase una exposición no taboleiro da entrada

 Moitas grazas de antemán a todos os que vos  interesáchedes por participar.



image | by Dr. Radut