Skip to Content

FCT NO ESTRANXEIRO: PREVISIÓN 2017

NOVA data tope reserva de praza:  SETEMBRO DO 2017

Como outros anos, o IES Leliadoura vai ofertar a posibilidade de realizar a FCT no estranxeiro (subvención do programa Erasmus+) para os alumnos/as que a deban levar a cabo durante a primavera do 2017.  

Esta posibilidade só está reservada para os estudantes que actualmente cursan primeiro curso dun Ciclo Superior de FP.

Para que o centro poida solicitar ditas becas é preciso que previamente se faga unha estimación dos alumnos/as que poden estar interesados. 

É extremadamente IMPORTANTE que SÓ solicites a reserva da praza se estas seguro de que chegado o momento, e saíndo elixido, vas a facer realmente a mobilidade ao estranxeiro. Unha vez que teñas adxudicada a praza/beca, calquera renuncia posterior, penaliza tanto ao centro como aos teus compañeiros.

Se estás convencido de querer facer a FCT no estranxeiro, o procedemento que tes que seguir é o seguinte: 

Enviar un mail a erasmusleliadoura@gmail.com indicando os seguintes datos: 

Nome e Apelidos

DNI

Teléfono

Mail

Ciclo Formativo que cursas

País de destino preferido:indicar 3 paises por orde de preferencia. Ten en conta o teu dominio do idioma xa que é un tema importante.

Posteriormente ao envío do mail, recibirás un acuse de recibo indicando que a túa solicitude foi recollida correctamente.

 

Data límite de envío do mail: 24 de xaneiro do 2016 as 15:00 horas

AMPLIADO O PRAZO DE RESERVA ATA SETEMBRO DO 2016

Indicar que o número de becas que finalmente se nos concedan poden ser menores que o número de solicitudes de reserva que teñamos, nese caso, cada solicitude será avaliada segundo uns criterios que seran públicados nesta web.

 

Calquera dúbida que teñas, ou simplemente para solicitar máis información, documentos, etc, envía mail o antes posible a  erasmusleliadoura@gmail.com



book | by Dr. Radut