Parabéns ó alumnado de 1 ESO C, que resultou gañador no concurso "Atrévete a ter unha idea", dentro do Plan Eduemprende. Dito concurso consiste na proposta dunha idea de negocio. A súa proposta foi crear unha empresa de turismo personalizada, á que chamaron CORNAMUSA, que promocionaba a zona do Barbanza.