DEPARTAMENTO DE NORMALIZACION LINGÜíSTICA
Xoana
Dende o Departamento de Normalización Lingüística convocouse un concurso de fotos de outono para todo o alumnado e profesorado abríndose o prazo no mes de outubro ata o 30 de novembro e aquí van tódalas fotos que se presentaron ao concurso.
A verdade temos que dar a noraboa a tódolos participantes porque as fotos son espectaculares como podemos comprobar
Antia Pérez Bravo
O amor mal resolto é como unha planta no inverno; perde o vigor, desfollase e non produce froitos , pero así como a planta renace co outono, para renacer o amor solo fai falta un gran abrazo e unha intensa choiva de cariño.
Inés Gómez Fontaiña
Agochadas entre as follas
sendo enormemente velenosas,
tendo unhas cores tan vistosas
que chaman a comelas desexosas.
RUBÉN MARTÍNEZ SANTAMARÍA
Esta foto representa o paso do verán ó outono amosando como a árbore,coa copa en forma de fonte,deixa caer as follas coma se fosen auga.
Marina Martínez Filgueira
Só a lembranza de onde veño,
me axuda a saber cara onde vou.
Un camiño sen escribir,
un camiño sen ton nin son,
un camiño a seguir,
sempre sen dirección.
Mariña Placer Frey
A raíz sae da terra coma o outono sae do Verán no dolmen de Axeitos
Vida e morte no dolmen de Axeitos
DAVID GONZÁLEZ SIEIRA
~~E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño...
Tania Rodríguez Cadillo
As cálidas cores dos atardeceres do outono mesturanse cas frías cores que indican que xa chega a impasible noite. Na distancia, a morte do sol enterrado no apacible mar Atlántico durante a negra noite. Unhas fugaces nubes cabalgan case soas, sen mirar atrás, abandonando toda esperanza dando por rematada o combate da xornada.
A foto foi tomada no parque eólico que hai preto de Rego Seco, en Porto do Son.
Juan Ramallo González
Un caracol "Iberus gualtieranus alonensis" encontrado preto da praia do Vilar e descansando nunha cómoda vexetación de Praia.
Unha pluma de gaivota cravada na area branca contempla placidamente a posta de Sol na Praia do Vilar.
Nesta foto vemos una vaca verdade? Ben, pois un neno de 10 anos americano que estivo polo Vilar de vacacións no verán, un día veu comigo á praia e ao ver esta vaca empezou a gritar “The rhino!!, the rhino!! E empezou a correr, eu botinme a rir e logo díxenlle que era una vaca que daba leite.
Esta rocha ten cara dun home durmiñento e enfadado… Pero vaia nariz ten. Sabedes por que está así? Porque esta todo o piñeiral queimado.
Unha poza de auga estancada nunha pedra. Reflexa o ceo azul baixo o que está o magnífico atardecer na praia.
Non faltan nin 20 minutos para que o sol se agoche totalmente. É a última luz do día. Espéranos unha longa noite de lúa chea.
A que parece una bosta de vaca? Pois non, é un fungo. Atópase nos muíños de Amendo, debaixo dunha árbore.
Xoana
Anexo | Tamaño |
---|---|
Fotos Juan.pdf | 1.46 MB |