Skip to Content

Últimas publicacións

11/11/2018 - 20:44
Termos: Administrativo

O IES Leliadoura organizou unha actividade na que participaron o Ciclo Medio de Xestión Administrativa e o Ciclo Superior de Administración e Finanzas, tanto os primeiros como os segundos cursos de ámbolos dous ciclos. A actividade consistiu na visita ás instalacións da Lonxa de Ribeira, asistencia ás poxas, información de primeira man da loxística e organización, así como explicacións...
11/11/2018 - 20:43

No Leliadoura pensamos que os peores relatos de terror son os cotiáns. Así quedou representado nunha magnífica e impactante performance, inspirada no poema de Edgar Allan Poe, O Corvo, protagonizada por profesorado e alumnado do Centro, que logrou sorpender e implicar á boa parte da comunidade educativa. Con esta brillante idea iniciou a súa andaina o Grupo de Igualdade do Instituto que, de...
12/10/2018 - 13:16

O IES Leliadoura conta desde o curso 2010-11 cunha Sección Bilingüe de inglés pola que determinadas materias se imparten en inglés. Para axudar coas actividades de expresión e comprensión oral contamos cunha auxiliar de linguas nativa. Normativa: ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regulan as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.
02/07/2018 - 12:21

As oito alumnas de plástica de cuarto de ESO, baixo a dirección da súa profesora, Pura Villar, realizaron este fermoso mural feminista. Foron elas as que propuxeron a inclusión do rostro de Plácido Betanzos coa frase «grazas por loitar con nós». Con rostros felices e sen deixar de pintar, Marta Lijó, Silvia Ageitos, Fayna Andrade, Sara Fernández, Lucía Puebla, Naima El Gargari, Victoria...


PAZ

02/07/2018 - 11:27

Como todos os anos seguimos reinvindicando un mundo cheo de paz e sen fronteiras. Todo o alumnado de plástica colaborou nun fermoso mural  
02/07/2018 - 11:17

Bolboretas contra a violencia de xénero O alumnado de pástica de 1º e 3º de ESO realizaron unha fermosa composición a base de bolboretas de diversos tamaños e cores. A súa profesora Carmen Ozema Mirabal foi a que lles fixo a proposta e os dirixiu.   O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da...
20/06/2018 - 13:22

Dende o Departamento de Lingua Castelá e en colaboración coa biblioteca e o Club de Lectura Leriadouro, neste curso traballouse un proxecto común, "A vida é puro teatro", co cal traballáronse moitos aspectos vencellados ao espectáculo dramático: lecturas dialogadas, traballo corporal, dramatizacións, aspectos de vocalización, expresión non verbal ou entonación e dominio da voz. En distintas...
19/06/2018 - 12:23
Termos: ANPA, Escolares

A ANPA do IES Leliadoura convidounos a escoitar a Quico Cadaval co que disfrutamos unha vez máis .
01/06/2018 - 19:44

Os departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia organizaron unha excursión á illa de San Simón e a Pontevedra co alumnado de 1º de bacharelato. O pasado mércores día 30 alumnado dos 3 grupos de bacharelato visitaron pola mañá a illa de San Simón, onde poideron coñecer a súa historia, desde os tempos medievais ata súa etapa como cárcere e instrumento de represión franquista.  Xa...
30/05/2018 - 10:22
Termos: Escolares

O IES Leliadoura celebra o día das letras tradicionais galegas. Participaron pandereteiras de 4°, 3° é 1° ESO que nos deleitaron co seu repertorio é asúa profesionalidade


by Dr. Radut