Selector rápido de contidos

CM Preimpresión dixital (adultos)

Competencia xeral: Realizar as operacións de ensamblado para publicacións electrónicas , tratamento e compaxinación de textos e imaxes, imposición de páxinas, a obtención dixital das formas impresoras e a impresión con procedementos dixitais, asegurando a calidade e cumprindo a normativa de seguridade e protección ambiental.

Ciclo medio de Preimpresión dixital (réxime de adultos-oferta modular-distancia)

Modalidade: Oferta parcial de módulos no réxime das persoas adultas – Modalidade distancia (LOE)

O réxime de persoas adultas, tanto na modalidade presencial como a distancia, permite a posibilidade de combinar o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou con outras actividades, e responde así ás necesidades e aos intereses persoais.

A diferenza do réxime ordinario, onde a matrícula é por curso completo e a distribución de módulos por cursos xa está establecida na normativa, o réxime de persoas adultas permite realizar a matricula por módulos soltos, de maneira que as persoas poden deseñar os seus itinerarios formativos.

A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. Esta oferta parcial orientase principalmente a persoas que habendo participado no proceso de acreditación de competencias, teñen sen acreditar algunha unidade, e tamén a persoas que buscan unha cualificación profesional en áreas específicas, e non un título profesional nun plazo inmediato.

Duración: Esta oferta é para este curso, podendo ampliarse ou modificarse nos cursos vindeiros.

Horario: Tarde-noite, entre as 16.00 e as 21.30

Título obtido: Certificación dos módulos superados e acreditación das unidades de competencia asociadas.

Temporización: 32 semanas entre setembro e xuño

Competencia Xeral: Realizar as operacións de ensamblaxe para publicacións electrónicas, tratamento e compaxinación de textos e imaxes, imposición de páxinas, obtención dixital das formas impresoras e impresión con procedementos dixitais, asegurando a calidade e cumprindo a normativa de seguridade e protección ambiental.

Contorno Funcional: Sector de artes gráficas, prensa, editoriais, comunicación, publicidade, servizos gráficos e de publicacións multimedia, ou en calquera sector produtivo cuxas empresas requiran un departamento de preimpresión dixital que poida ter sección de dixitalización de imaxes, realización de publicacións electrónicas, tratamento de textos e imaxes,compaxinación e maquetaxe, imposición de páxinas, obtención dixital de formas impresoras e impresión dixital.

Powered by Drupal - Design by artinet