Punto Laranxa contra o acoso escolar

Histórico

Histórico de novas do IES Leixa. As novas contidas neste histórico están desfasadas, caducadas ou anuladas.

Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP

Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP -

Hoxe, 15 de febreiro de 2018, tivo lugar a presentación pública do vehículo simulador de accidentes resultado do proxecto "Simulador de rescate de vítimas de accidentes de tráfico", premiado na Convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional 2016.

Este proxecto é froito da colaboración entre o CIFP Ferrolterra e o IES Leixa, xunto coa empresa Ambulancias Ferrolanas S.L. e a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES).

Con esta presentación ponse en valor a calidade e profesionalidade das ensinanzas e centros educativos de Formación Profesional e dáse a coñecer esta ferramenta a outros colectivos relacionados coa seguridade cidadán, aos que lles pode resultar de grande utilidade tanto para a súa formación como para a realización de campañas de sensibilización da condución responsable: Servizo Galego de Saúde, 061, 112, protección civil, bombeiros, empresas de ambulancias, Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE), concellos de Ferrolterra, grupos de emerxencias supramunicipais, Cruz Vermella e outros centros educativos.

Imaxe Portada: 
Imaxe: 
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa
Presentación vehículo simulador de accidentes IES Leixa

 

Os centros de secundaria deberán ofertar a materia de Historia da Filosofía en 2º de bacharelato para todos os alumnos

Os centros de secundaria deberán ofertar a materia de Historia da Filosofía en 2º de bacharelato para todos os alumnos -

Resumo: 
O conselleiro de Educación explicou hoxe no Parlamento de Galicia que o seu departamento non pode cambiar a natureza da materia, pero que establecerá a súa oferta obrigatoria
Terá que cursala, en todo caso, o alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, explicou hoxe no Parlamento de Galicia que o seu departamento está xa a traballar para dar cumprimento, no ámbito das súas competencias, ao mandato da Cámara galega respecto da materia de Historia da Filosofía. Neste sentido, explicou que a Xunta non pode mudar a natureza desta materia e que, mesmo o Goberno central, non podería modificar o carácter da mesma –fixado mediante lei orgánica- a través dun decreto.

Polo tanto, a Consellería establecerá, a través dunha orde ou dunha instrución, que a materia de Filosofía que se imparte en 1º de bacharelato siga a ser troncal obrigatoria, con 3 horas. No caso da materia Historia da Filosofía, seguirá a impartirse en 2º de bacharelato como troncal de opción e será obrigatoria 4 horas) para o alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. No caso do alumnado que curse outras das modalidades de bacharelato, os centros educativos teranlles que ofertar de xeito obrigatorio esta materia para que podan escoller esta materia de 2º como específica.

A intención do departamento educativo da Xunta de Galicia é publicar a normativa correspondente ao longo do presente trimestre, para que estea en vigor o vindeiro curso, e de xeito que os centros se poidan organizar con tempo suficiente.

Román Rodríguez explicou tamén que o seu departamento comunicara ao Ministerio do ramo o consenso acadado no Parlamento de Galicia respecto da necesidade de propiciar, nos traballos do denominado Pacto educativo, un debate en profundidade sobre a situación da Filosofía no sistema educativo e a necesidade da súa pervivencia.

Vacantes provisionais para o concurso de traslados

Publicadas as vacantes provisionais para o concurso de traslados.

Actualización da normativa de validacións de módulos profesionais

Actualización da normativa de validacións de módulos profesionais -

Publicada a Orde ECD/1055/2017, do 26 de outubro, pola que se modifica a Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro, pola que se establecen validacións entre módulos profesionais de formación profesional do Sistema Educativo Español.

Concurso de traslados de secundaria

Xúntase a Orde do 24 de outubro de 2017 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da administración educativa e inspectores de educación.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentos será desde o 7 ao 27 de novembro de 2017
 

Beca INTERPRAX para docentes

O IES Leixa é beneficiario dunha beca INTERPRAX para que un/ha docente poida visitar a Universidade de Limkokwing e a Royal University of Fine Arts de Camboya do 10 ao 16 de decembro de 2017.

Os/as docentes inetersados/as deben impartir docencia en ciclos superiores. O pazo para solicitar a beca remata o día 12 de outubro.

Powered by Drupal - Design by artinet