Punto Laranxa contra o acoso escolar

Colaboradores

Empresas e institucións que colaboran co IES Leixa e axudan á consecución dos obxectivos do centro.

Empresas e institucións colaboradoras

Son varias as empresas e institucións que colaboran co IES Leixa de diversas formas. A todas elas lles agradecemos a súa implicación co centro.

A empresa Add Aphelion cedeu gratuitamente a súa aplicación ResiPlus(R) de xestión de Residencias, Centros de Día e Centros de Discapacitados para a formación dos/as estudantes do ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e que pode ser utilizado tamén polos/as estudantes do ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría.
O IES Leixa e ASPANAES Ferrol teñen asinado un acordo de colaboración para a realización de actividades conxuntas que axuden á integración dos rapaces e rapazas da institución mediante a realización de talleres de sensibilización cognitivo-condutual no IES Leixa xunto cos estudantes dos ciclos de Sanidade e de Servizos Socioculturais e á Comunidade.
ASPANAES tamén acolle aos/ás estudantes do IES Leixa na realización da formación en centros de traballo.
O IES Fraga do Eume (Pontedeume) e o IES Leixa colaboran na realización de actividades conxuntas como son as charlas de Hixiene Alimentaria que o IES Leixa imparte aos/ás estudantes do IES Fraga do Eume para a obtención do certificado de Hixiene Alimentaria ou as charlas de Protocolo que o IES Fraga do Eume imparte aos/ás estudantes do ciclo superior de Dietética do IES Leixa.
O IES Fraga do Eume tamén participa nas Xornadas TCAE que organiza o IES Leixa con carácter bianual.
O Complexo Hospitalario Universitario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol colabora co IES Leixa acollendo estudantes no módulo de formación en centros de traballo así como na organización das Xornadas TCAE que fai o IES Leixa con carácter bianual.
Ademais recibe aos estudantes dos ciclos de Sanidade en numerosas visitas formativas.
A empresa SIC Informática, da Coruña, instalou a aplicación Farmatic(R), de xestión de oficinas de farmacia, na súa versión de formación para centros educativos con 30 licencias educativas. Ademais dá formación tanto ao profesorado como aos/as estudantes do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia na aplicación Farmatic(R) e na e-Receita.
O IES Leixa asinou un convenio de colaboración coa ONG Terra de Homes para realizar actividades conxuntas.

Powered by Drupal - Design by artinet