Selector rápido de contidos

Bib-Actividades

Actividades organizadas por BibliLeixa

III Certame de Relato Curto BibliLeixa 2016

BASES DO CONCURSO:

CONCURSANTES: Poderá participar neste certame todo o alumnado matriculado no curso actual no IES Leixa

TEMA: Os relatos tratarán do amor.

FORMATO: A composición terá unha extensión mínima dun folio e máxima de tres, escritos a ordenador por unha cara e a dobre espazo. O tipo de letra será Arial ou similar e o tamaño de 12 puntos. O texto poderá ser en galego ou en castelán.

PRESENTACIÓN: Todos os relatos deberán ir encabezados por un título. Presentaranse sen asinar e sen o nome do autor. Para garantir o anonimato da autoría, introduciranse os datos dos participantes, nome completo e curso/grupo no que está matriculado, nun sobre branco e pechado que se grampará ao relato presentado. No exterior do sobre, o participante deberá indicar o título do relato.

LUGAR E DATA DE PRESENTACIÓN: Os traballos entregaranse en conserxería do 15 ao 26 de febreiro 2016. Serán recollidos e gardaranse nunha caixa especialmente habilitada para o concurso e custodiada na vicedirección do centro. Os que non cumpran os requisitos dos apartados 3 e 4 quedarán eliminados. Só se poderá entregar un traballo por participante.

XURADO: O xurado estará composto por docentes da área de letras de bacharelato e a coordinadora da biblioteca. O venres 4 de marzo 2016 todos os participantes están convidados a acudir no recreo ao Salón de Actos onde se fará entrega dos premios aos gañadores. É obrigatorio a asistencia dos participantes para recibir o premio. No caso de non poder asistir, deberase avisar e se fose o caso, enviar a unha persoa que sustitúa o/a premiada. Se o/a  gañador/a ou representante non está presente, premiarase o mellor relato seleccionado despois deste. O fallo será inapelable.

Haberá dous premios:

  • O autor/a do primeiro relato premiado recibirá como agasallo un libro electrónico e un título de recoñecemento a súa arte.
  • O autor/a do segundo relato premiado recibirá un vale por un libro da súa elección e un título de recoñecemento a súa arte.

DIFUSIÓN DAS OBRAS: As obras presentadas poderán publicarse na web do IES Leixa e expoñerse no propio centro. Os participantes dispoñerán de 30 días para a retirada da súa obra, agás o relato gañador. Transcorrido o devandito prazo, entenderase que os autores/as renuncian á retirada dos exemplares dos seus traballos.

ACEPTACIÓN DAS BASES: A participación neste III Certame de relato curto de BibliLeixa implica a plena aceptación do contido destas bases.

 

Entrega de premios do Concurso de Relato Curto

O día 4 de marzo celebrouse no salón de actos a entrega de premios do concurso de Relato Curto dos que foron gañadores Iris Valdaliso Herrero, do 2º curso do ciclo de Laboratorio, co primeiro premio, e Jonathan Bringa, de formación profesional básica, co segundo premio.

 

Powered by Drupal - Design by artinet