Selector rápido de contidos

Distribución

Información sobre o sistema de distribución e localización dos recursos

Distribución e localización dos recursos

Os recursos que constitúen os fondos da biblioteca están organizados por departamentos e temas; así mesmo os estantes están numerados (os baixos) ou ordeados alfabeticamente (os armarios altos):


  • Estante A: Dicionarios

  • Estante B: Enciclopedias, guías

  • Estante C: Debuxo (C1-C2) / Ciencias

  • Estante D: Matemáticas (D1-D2) / Física e química

  • Estante E: Galego: gramática (E1-E2) / Colección "A voz"

  • Estante F: Galego: Teatro / Poesía / Literatura estranxeira en galego.

  • Estante G: Galego: Historia da literatura (G1) / Crítica literaria (G2) / Narrativa

  • Estante H: Dicionarios (H1) / Enciclopedias (H2) / Narrativa 

  • Estante I: FOL

  • Estante J: Educación / información xeral e temas transversais / Servizos á comunidade

  • Estante K: Sanidade

  • Estante L: Crítica literaria (L1-L2) -  Literatura hispana

  • Estante M: Biografías (M1-M2) – Literatura hispana

  • Estante N1-N2: Lingüística

  • Estante O: Historia da Literatura universal (O1-O2) / Poesía e teatro

  • Estante P, Q: Gramática (P1/P2) / Literatura estranxeira

  • Estante R: Filosofía (arriba) / Latín e Grego (abaixo)

  • Estante S: Xogos e deportes / Música / Cine / Recursos multimedia

     


  • Estante 1: Francés
  • Estante 2 e 3: Inglés

  • Estante 4: Historia do mundo

  • Estante 5: Xeografía e Historia da Arte 

  • Estante 6: Libros de texto variados

  • Estante 7: Artes Gráficas

  • Estante 8: Artes Gráficas

  • Estante 9: Artes Gráficas

  • Estante 10: Historia Contemporánea / de España 

  • Estante 11: Historia de Galicia

  • Estante 12: Libros sobre Ferrolterra / Economía

Nas primeiras follas de cada libro consta o nº de rexistro do libro, un número que identifica o libro no programa de xestión de bibliotecas (MEIGA) para poder realizar préstamos ou calquera modificación na súa ficha.

Ademais, na parte exterior do libro (lateral) hai un adhesivo identificador que inclúe a situación na biblioteca, as tres primeiras letras do título, do autor, o número da CDU do departamento que realizou a súa compra ou no seu defecto (se é unha doazón ou unha compra realizada pola biblioteca) se lle porá o número da CDU do tema principal do libro (sempre de modo xeral) e o número de rexistro.

Powered by Drupal - Design by artinet