Punto Laranxa contra o acoso escolar

Normas de uso

Normas

A biblioteca é un espacio adicado ao estudo e á lectura polo que deberás respectar o seu uso.

  • Debes permanecer en silencio e manter o teu móbil en silencio.
  • Non podes comer nin beber (salvo auga) dentro da sala. Se desexas comer é mellor que descanses e saias uns minutos.
  • Debes respectar as instalacións, pois de non facelo estarás vulnerando as normas do réxime interno e podes recibir unha falta de orde. Ademais, a biblioteca é unha zona vixiada por cámara para evitar calquera mal uso dela.
  • Podes utilizar os ordenadores da biblioteca de libre acceso solicitando turno e respectando os tempos de uso.

 

Preme sobre a imaxe para ver máis fotos.

 

QUE ME OFRECE A BIBLIOTECA?

A biblioteca estará aberta durante toda a xornada lectiva para que podas ler, estudar, facer traballos, deberes, etc.

Realizaranse préstamos de 9h45 a 13h30. Para isto deberás dirixirte ao docente de garda de biblioteca que estea nese momento. Tamén poderás consultar calquera libro durante ese horario.

Dispós do periódico do día (La Voz de Galicia) e de revistas como Viajes, National Geographic e Historia que deberán permanecer na sala para que todos os usuarios/as poidan desfrutar deles.

Tamén hai tres ordenadores portátiles a disposición do alumnado para realizar traballos, facer consultas en Internet… O seu uso será unicamente educativo. Terás que apuntarte na lista que estará ao seu carón e disporás de media hora de uso. Se non hai ninguén esperando podes seguir nel.

 

COMO LEVAR ALGÚN LIBRO?

Deberás dirixirte ao docente de garda que abrirá o estante correspondente. Unha vez elixido o libro, o docente de garda (de biblioteca) collerá os teus datos e rexistrará o préstamo no noso programa de xestión de bibliotecas. Para isto deberás darlle o teu DNI sen letra ou nº de socio (podes darte de alta co noso formulario de alta).

Se é a primeira vez que pides algún libro, deberás darte de alta como socio: necesitarás ensinar o teu DNI e dar os datos que o docente de garda che solicite, ou cubrir a ficha de DATOS DO/A ESTUDANTE.

Terás 15 días para devolvelo e poderás levar ata 3 libros. Se desexas telos máis tempo, deberás traer o nº de rexistro do libro (aparece nas primeiras follas do libro), e renovaráseche a non ser que algún outro usuario fixera unha reserva.

De momento non se sanciona ó usuario por devolver tarde un libro aínda que debes ser responsable e  pensar que un libro prestado debe ser devolto. Se tardas moito en facelo, recibirás unha carta de reclamación ou un aviso do teu titor.

Se tes dúbidas diríxete sempre ao docente de garda presente.

Grazas por axudar a coidar da nosa biblioteca e goza das súas vantaxes.

Powered by Drupal - Design by artinet