Alta de usuarios/as

Impreso de alta de usuarios/as de biblioteca

Usuarios/as da biblioteca do IES Leixa

A biblioteca do IES Leixa está destinada a que os estudantes do centro poidan acceder a bibliografía, libros, vídeos, revistas, periódicos e moitos recursos que este servizo pon a súa disposición. 

A biblioteca utiliza o seu propio programa de xestión incluído no Proxecto MEIGA e precisa que os usuarios/as estean dados de alta.

Mentres non remata o proceso de matrícula non é posible incluír a todos/as os estudantes na base de datos de usuarios/as de MEIGA polo que cómpre que os estudantes se dean de alta, para o que poñemos a súa disposición este formulario que se pode cubrir no ordenador, imprimir e presentar na biblioteca.

Powered by Drupal - Design by artinet