Selector rápido de contidos

A FCT con ERASMUS

Prácticas en empresas en países da Unión Europea

Os estudantes de ciclos formativos de grao superior poden realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo en países da Unión Europea sempre que o seu centro de estudos estea en posesión da Carta ERASMUS.

A duración destas prácticas non pode ser inferior a 2 semanas e poden estar cubertas por becas específicas de mobilidade.

Para poder participar deben terse en conta os seguintes aspectos:

  • O centro educativo recoñece, a todos os efectos, as prácticas realizadas ao abeiro do Programa ERASMUS.
  • O programa faise mediante un acordo de formación escrito entre o centro educativo e a empresa europea onde se realizan as prácticas.
  • O programa queda amparado por un contrato de formación asinado polo centro educativo, a empresa, o consorcio (se é o caso) e o estudante.
  • Os estudantes que participaron nun Proxecto Leonardo non poden solicitar participar no Programa ERASMUS.
  • Os centros educativos responsabilízanse da selección e preparación dos estudantes nos aspectos relacionados coa competencia lingüística e o coñecemento do país de destino mediante actividades ao efecto, dándolle especial importancia a preparación en linguas estranxeiras.
  • A FCT valida 22 créditos ECTS nos ciclos superiores LOE.

ENLACES DE INTERESE:

 

Carta Organigrama Documentación Información Validacións A FCT Docentes Contacto

 

Powered by Drupal - Design by artinet