Punto Laranxa contra o acoso escolar

Reclamacións

Toda a información sobre o dereito á reclamación contra as cualificacións finais.

Forma de reclamar a unha cualificación final

O alumnado pode reclamar ás decisións e ás cualificacións finais dos módulos ou materias e, no caso de ciclos formativos de 2.000 horas, a aquelas avaliacións parciais en que se propoña o acceso á realización do módulo de formación en centros de traballo en período ordinario, en base aos seguintes aspectos:

  • A avaliación que se levou a cabo como resultado do proceso de aprendizaxe do alumnado non foi adecuada aos resultados de aprendizaxe, os obxectivos específicos, os contidos, os criterios de avaliación e o nivel recollidos na correspondente programación.
  • Os procedementos e os instrumentos de avaliación aplicados foron inadecuados, conforme o sinalado na programación. 
  • A aplicación dos criterios de cualificación establecidos na programación para a superación do módulo profesional ou materia non foi correcta.

No caso do segundo curso de bacharelato, é a CIUG quen establece as datas, o procedemento e os prazos de reclamación para adaptalos ás datas das PAU. 

PROCEDEMENTO PARA RECLAMAR ÁS CUALIFICACIÓNS:

O procedemento e os prazos para a presentación e a tramitación das reclamacións son os seguintes: 

  • A reclamación debe presentarse por escrito na secretaría do instituto, mediante o impreso ao efecto, dirixido ao/á director/a, no prazo máximo de dous días lectivos contados desde o día seguinte a aquel en que se produza a comunicación da cualificación final ou da decisión adoptada. 
  • O director ou a directora do centro debe trasladar a reclamación ao departamento correspondente para que emita o oportuno informe sobre os aspectos sinalados no punto anterior, no cal debe formularse proposta de ratificación ou rectificación na cualificación outorgada.

Este proceso debe estar rematado nun prazo máximo de cinco días naturais, incluída a comunicación ao alumnado, contados a partir do seguinte ao da presentación da reclamación.

Contra a resolución do director ou da directora do centro, a persoa solicitante pode presentar recurso de alzada perante o xefe ou a xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación; a dita resolución esgota a vía administrativa.

 


 

Powered by Drupal - Design by artinet