Selector rápido de contidos

Períodos vacacionais e días non lectivos do curso 2019-2020

PERIODOS VACACIONAIS:

  • Nadal: Do 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Entroido: Días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.
  • Semana Santa: Do 4 de abril de 2020 ao 13 de abril de 2020, ambos os dous incluídos.

DÍA DO ENSINO:

  • 31 de outubro de 2019.

DÍAS NON LECTIVOS DE LIBRE DISPOSICIÓN:

  • Pendentes de aprobación polo Consello Escolar, pediranse o 20 de marzo e o 4 de maio.

CONMEMORACIÓNS:

  • 20 de novembro de 2019: Día Universal da Infancia
  • 25 de novembro de 2019: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
  • Do 2 ao 9 de decembro de 2019: Conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia
  • 3 de decembro de 2019: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
  • 10 de decembro de 2019: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
  • 30 de xaneiro de 2020: Día Escolar da Non Violencia e da Paz
  • 8 de marzo de 2020: Día Internacional da Muller
  • 15 de marzo de 2020: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
  • Do 9 ao 13 de marzo de 2020: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais
  • 7 de abril de 2020: Día Mundial da Saúde
  • Entre o 20 e o 24 de abril de 2020: Semana do Libro
  • 2 de maio de 2020: Día Internacional contra o Acoso Escolar
  • 9 de maio de 2020: Día de Europa
  • Do 11 ao 15 de maio de 2020: Semana das Letras Galegas
  • 5 de xuño de 2020: Día Mundial do Medio Ambiente

Segundo as datas que correspondan, realizaranse actividades co recoñecemento efectivo dos dereitos das persoas lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais.

Powered by Drupal - Design by artinet