Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Extraescolares

Actividades desenvolvidas parcial ou totalmente en horario non lectivo e fóra das instalacións do centro.

Saída de alumnos de Ciclo

18/01/2018 08:30

Saída dos alumnos de ciclo a Pontevedra

RUTA LITERARIA

15/12/2017 09:50

Ruta literaria con 2º ESO C

VISITA Á CATEDRAL

01/12/2017 11:30

VISITA Á CATEDRAL O VENRES 1 DE DECEMBRO, CÓS ALUMNOS DE HISTORIA DA ARTE, DAS 11:30 ÁS 13:30

SAÍDAS DO CENTRO

Esta semana hai previstas dúas saídas:

Xoves 16, Visita a Casa das Ciencias e MUNCYT, A Coruña con 4º da ESO, organizada polo departamento de Física e Química

Venres 17, Domus e MUNCYT  a A Coruña con 3º da ESO, organizada polo departamento de Tecnoloxía.

AVISO URXENTE: EXCURSIÓN AO COUREL

DEBIDO Á FOLGA DE TRANSPORTE CONVOCADA EN GALICIA, NON TEMOS GARANTIDO O SERVICIO DE AUTOBÚS O DÍA 21, POLO QUE CONVOCAMOS A UNHA REUNIÓN URXENTE HOXE, DÍA 20 ÁS 20,00 HORAS,  AOS PAIS DOS ALUMNOS AFECTADOS CÓ OBXECTIVO DE PODER ORGANIZAR VARIOS COCHES PARA PODER LEVAR AOS RAPACES A SEOANE DO COUREL, NO CASO DE QUE O AUTOBÚS NON APAREZA

excursión ás Médulas

O Departamento de Xeografía e Historia organiza unha viaxe do 8 ao 10 de maio ás Médulas (León) paraxe arqueolóxico Patrimonio da Humanidade, no que os alumnos de 1º e 2º da ESO poderán realizar numerosas actividades

VIAXE DE PROMOCIÓN DE 4º DA ESO A ITALIA

Os alumnos de 4º de ESO puideron disfrutar dunha inesquecible semana en Roma na que visitaron numerosos monumentos da Cidade Eterna, camiñaron polas súas prazas e tamén probaron a súa gastronomía. Tamén fixeron unha excursión a Nápoles e Pompeia.

Pincha na foto para ver todo o álbum

 

Campionato Escolar Provincial de Orientación

O mércores 15 de marzo, 51 alumnos do noso centro participaron no Campionato Provincial de Orientación que se celebrou no Parque Rosalía de Castro. Os nosos deportistas participaron xunto a outros 400 alumnos procedentes de centros de toda a provincia. A maioría dos participantes remataron o percorrido e algúns deles acadaron posicións de podium.

1º cadete masculino: Javier López de 3º ESO A
1º infantil masculino: Aitor Fernández de 2º ESO B
2º infantil masculino: Ángel Pascual de 2º ESO C

 

Resultados completos cadetes

Resultados completos infantiles

 

Solicitude Tarxeta Sanitaria Europea

O alumnado que vaia participar na excursión de fin de curso de 4ºESO a Roma, deberá formalizar a Tarxeta Sanitaria Europea.

Para iso, ten as seguintes opcións:

  • Chamando o número 901 166 565
  • Na páxina web https://w6.seg-social.es/solTse/jsp/Entrada.jsp
  • Presencialmente, con cita previa (982 293333) nas oficinas da Seguridade Social, que están na Ronda Músico Xosé Castiñeira, 26 (xunto a Avenida de Madrid, fronte o Conservatorio).

Primeiros provinciais e terceiros autonómicos no torneo do Liceo La Paz

Trofeo Liceo Casás_provincial

Trofeo Liceo Casás_autonómico
1º posto provincial 3º posto autonómico

 

O alumnado de 1º e 2º de ESO, que forma parte do equipo de fútbol sala que representou ao IES Leiras Pulpeiro no torneo do Liceo La Paz, fíxonos entrega do trofeo acadado por quedar primeiros nesta competición na fase provincial.

Actualización 6/6/2016: tras xogar a fase autonómica e quedar terceiros, fixeron entrega deste último trofeo ao centro.

Noraba, rapaces!!!

Moitas grazas por representarnos tan ben!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut