Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Admisión e matrícula

ADMISIÓN 2016-2017: PRAZOS E NORMATIVA

 

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO PARA O CURSO ESCOLAR 2015/2016

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

 

1.    Reserva de praza mediante presentación do Anexo I no colexio de orixe (exclusivo para o alumnado dos centros adscritos ao IES Leiras Pulpeiro: CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo): 1-15 de febreiroambos os dous incluídos.

 

2.    Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: 25 de febreiro.

 

3.    Publicación de postos escolares vacantes: 26 de febreiro.

 

 

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

4.   Presentación da solicitude de admisión (Anexo II) (para alumnado procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado): 1-29 de marzo.

 

5.    Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 1 ao 12 de marzo, ambos os dous incluídos.

 

6.    Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

 

7.  Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

8.    Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

 

 

3ª FASE: MATRÍCULA

 

9.     Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

 

10.  Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato (só para alumnado de ESO que debe faces exames de materias en setembro): 1-10 de setembro.

 

 

AVISO IMPORTANTE SOBRE A 2ª FASE (SOLICITUDE DE ADMISIÓN)

1. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Na solicitude poderá ata seis centros na orde de prioridade que desexe. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2.  Alumnado que ten garantía de permanencia no IES Leiras Pulpeiro, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no IES Leiras Pulpeiro.

3.     Alumnado do CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo que ten reservada a súa praza no IES Leiras Pulpeiro por ter presentado o Anexo I e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar ao IES Leiras Pulpeiro a renuncia á súa reserva antes do 1 de marzo.

 


 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

 


 

ZONAS DE INFLUENCIA DO CENTRO

A zona de influencia do IES Leiras Pulpeiro está formada polo conxunto das zonas de influencia dos seus centros adscritos (CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo).

Pódense consultar na Secretaría do centro ou premendo nestas ligazóns: imaxe 1 - imaxe 2

 


 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS

POLO IES LEIRAS PULPEIRO

 

Transporte escolar.

Regulado na seguinte normativa:

- Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 27/06/88)

- Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte de escolares e obreiros de competencia. exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG, 09/01/90). Corrección de erros (DOG 01/03/90)

- Instrución 3/2014 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 5 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2014-2015

 

 

 

Información para alumnado de nova incorporación a 1º de ESO no curso 2015-2016

Debido a que aínda non se ten publicado o Decreto que establece o currículo da ESO e do Bacherelato, nin tampouco a normativa que o desenvolve, comunicamos que neste curso non levaremos a cabo a xuntanza informativa coas familas do alumnado que se incorporará a 1º de ESO no curso 2015-2016.

Ao inicio do vindeiro curso informarase adecuadamente dos aspectos máis salientables da nova normativa.

Co obxecto de formalizar a matrícula do alumnado, informamos que a única optatividade a ter en conta é a de ensinanzas relixiosas, onde os responsables do alumno deberán escoller entre Relixión católica ou Valores éticos. Ambas as dúas materias son avaliables e a súa cualificación será tida en conta para todos os efectos nas mesmas condicións que a das demais materias, tanto para o cálculo da nota media do curso como a efectos de decidir a promoción ou non do/a alumno/a.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS: entrega de notas, recollida de libros, matrícula

Premendo na imaxe pode acceder a información moi importante para as familias e o alumnado sobre a entrega dos boletíns de notas, a recollida e entrega de libros de texto e o período de matrícula (consta de dúas páxinas):

 

Prema na imaxe

 

ADMISIÓN 2015-2016: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS

(Prema na imaxe para acceder ao documento)

Prazo de matrícula ESO e Bacharelato: do 25 de xuño ao 10 de xullo

 

 

ADMISIÓN 2015-2016: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS

páx 1 de 2 páx 2 de 2

(Prema na imaxe para acceder ao documento)

 

 

ADMISIÓN 2015-2016: número de postos escolares vacantes

Postos escolares vacantes para adxudicar mediante o proceso de admisión (xa están descontadas as prazas correspondentes ao alumnado procedente dos centros adscritos CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo):

ADMISIÓN 2015-2016: Criterio complementario de admisión establecido polo centro

En aplicación do establecido na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,

  • O IES Leiras Pulpeiro, decidiu non establecer o criterio complementario que a antedita orde permite establecer ao centro educativo para aplicar na baremación das solicitudes de admisión.
  • Esta decisión será aplicable ao procedemento de admisión que se está a desenvolver durante o presente ano.

 

 

1ª FASE ADMISIÓN 2015-2016: reserva de praza (CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo)

 

ADMISIÓN 2015-2016: PRAZOS E NORMATIVA

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO PARA O CURSO ESCOLAR 2015/2016

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

 

1.    Reserva de praza mediante presentación do Anexo I no centro de orixe (exclusivo para o alumnado dos centros adscritos CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo): 1-15 de febreiroambos os dous incluídos.

 

2.    Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: 23 de febreiro.

 

3.    Publicación de postos escolares vacantes: 23 de febreiro.

 

 

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

4.   Presentación da solicitude de admisión (Anexo II) (para alumnado procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado): 1-23 de marzo.

 

5.    Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 26 de marzo ao 8 de abril, ambos os dous incluídos.

 

6.    Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

 

7.  Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

8.    Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

 

 

3ª FASE: MATRÍCULA

 

9.     Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

 

10.  Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

 

 

AVISO IMPORTANTE SOBRE A 2ª FASE (SOLICITUDE DE ADMISIÓN)

1. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Na solicitude poderá ata seis centros na orde de prioridade que desexe. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2.  Alumnado que ten garantía de permanencia no IES Leiras Pulpeiro, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no IES Leiras Pulpeiro.

3.     Alumnado do CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo que ten reservada a súa praza no IES Leiras Pulpeiro por ter presentado o Anexo I e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar ao IES Leiras Pulpeiro a renuncia á súa reserva antes do 1 de marzo.

 


 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

 


 

ZONAS DE INFLUENCIA DO CENTRO

A zona de influencia do IES Leiras Pulpeiro está formada polo conxunto das zonas de influencia dos seus centros adscritos (CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo).

Pódense consultar na Secretaría do centro ou premendo AQUÍ.

 


 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS

POLO IES LEIRAS PULPEIRO

 

Transporte escolar.

Regulado na seguinte normativa:

- Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 27/06/88)

- Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte de escolares e obreiros de competencia. exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG, 09/01/90). Corrección de erros (DOG 01/03/90)

- Instrución 3/2014 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 5 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2014-2015

 

 

 

Setembro: entrega de notas e matrícula

(Prema na imaxe para acceder ao documento)

Distribuir contido


by Dr. Radut