Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Admisión e matrícula

Proceso de admisión de novos alumnos

CANDO SOLICITAR A ADMISIÓN

Calendario de todo o proceso: calendario PDF

 

CÓMO SOLICITAR A ADMISIÓN

Formas de facer a solicitude de admisión:

Lembrade levar fotocopia do DNI se se entrega en papel.

 

INFORMACIÓN RELEVANTE

NOVIDADE: a partir deste ano, na puntuación por "ter irmáns no centro", tamén contan os centros adscritos. Por tanto, se o solicitante ten irmáns no CEIP Casás ou CEIP Menéndez Pelayo, suma puntos.

 

ZONAS DE INFLUENCIA: por domicilio ou por traballo dalgún proxenitor, ambos excluíntes. Hai que elexir a mellor opción.

Vacantes admisión

Finalizado o proceso de reserva de matrícula, as vacantes que hai no IES Leiras Pulpeiro en cada curso son:

  • 1º ESO: 1
  • 2º ESO: 6
  • 3º ESO: 8
  • 4º ESO: 19
  • 1º BAC: 36
  • 2º BAC: 31

O prazo de admisión abrangue dende o 1 ata o 20 de marzo.

Unha vez rematado o proceso de admisión, publicaranse os resultados o 25 de abril.

Proceso de admisión e reserva

Reserva de matrícula (alumnado de CEIP Casás, CEIP Menéndez Pelayo)

Rematado o proceso de reserva de matrícula para o vindeiro curso, pódese consultar a lista de admitidos no taboleiro de anuncios do centro.

 

Admisión (alumnado doutros centros)

Para o alumnado procedente doutro centro, pódese solicitar a admisión por dous medios:

O prazo de solicitude de admisión é do 1 ó 20 de marzo.

 

 

Admisión FP: calendario

Resolución do proceso de admisión para o curso 2016-2017: admitido todo o alumnado solicitante

Todo o alumnado que presentou en tempo e forma o Anexo II (solicitude de admisión para o curso 2016-2017) para os diferentes cursos de ESO e Bacharelato RESULTOU ADMITIDO.

Provisional admitidos 1de2 Provisional admitidos 2de2

Os pais/nais/titores/as legais deste alumnado (ou eles mesmos se son maiores de idade) deberán formalizar a matrícula en ESO e Bacharelato no prazo que abrangue do 25 de xuño ao 10 de xullo.

 

 

 

2ª FASE ADMISIÓN 2016-2017: alumnado procedente de centros non adscritos

O alumnado procedente de centros non adscritos ao IES Leiras Pulpeiro deberá concorrer á 2ª fase do proceso e presentar a solicitude de admisión (Anexo II) entre o 1 e o 29 de marzo. Mediante este Anexo II poderá solicitar ata seis centros, por orde de preferencia, e deberá ser presentado exclusivamente no primeiro centro que apareza nela. No caso de que a persoa solicitante non fose admitida no centro indicado en primeiro lugar, aplicarase o procedemento para a adxudicación subsidiaria noutro centro educativo dos que puxo na solicitude.

En todo caso, informarase a través desta web das distintas fases e prazos do proceso de admisión.

Para información legal, prema aquí.  

Postos escolares vacantes para o procedemento de admisión do curso 2016-2017

Postos escolares vacantes para o procedemento de admisión do curso 2016-2017 (unha vez admitido o alumnado procedente do CEIP de Casás e do CEIP Menéndez Pelayo que fixo a reserva):

(Prema na imaxe para descargar o documento)

Vacantes escolares 2016-2017

Letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado

Letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2016/2017 (prema na imaxe para descargar o documento):

Resolución letra desempate

ADMISIÓN 2016-2017: Criterio complementario de admisión establecido polo centro

En aplicación do establecido na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,

  • O IES Leiras Pulpeiro, decidiu non establecer o criterio complementario que a antedita orde permite establecer ao centro educativo para aplicar na baremación das solicitudes de admisión.
  • Esta decisión será aplicable ao procedemento de admisión que se está a desenvolver durante o presente ano.

 

 

1ª FASE ADMISIÓN 2016-2017: reserva de praza (CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo)

 

O alumnado procedente dos centros adscritos de educación primaria (CEIP de Casás e CEIP Menéndez y Pelayo) terá prioridade para a admisión no IES Leiras Pulpeiro.

Para efectuar a reserva de praza, o alumnado destes centros que pretenda continuar estudos no IES Leiras Pulpeiro deberá presentar no seu colexio o modelo normalizado que se publica como anexo I entre os días 1 e 15 de febreiroAs Direccións destes colexios remitirán ao IES Leiras Pulpeiro unha relación do alumnado susceptible de matricularse nel para o vindeiro curso xunto coas solicitudes de reserva de praza.

Rematada esta fase de reserva, o alumnado admitido e o número de postos vacantes serán publicados no taboleiro de anuncios do IES Leiras Pulpeiro e nesta web.

A reserva adquirirá carácter vinculante,polo que o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no IES Leiras Pulpeiro, entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

A reserva de praza no IES Leiras Pulpeiro é incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (2ª fase do proceso), salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición (IES Leiras Pulpeiro) antes do 1 de marzoA presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva conlevará a perda da prioridade.

Se o número de postos escolares dispoñibles non fora suficiente para satisfacer a demanda de reservas, comunicarase esta circunstancia ao alumnado afectado mediante a publicación no taboleiro de anuncios e na web do IES Leiras Pulpeiro. Neste caso, o alumnado afectado deberá concorrer á 2ª fase do proceso e presentar a solicitude de admisión (Anexo II) entre o 1 e o 29 de marzo. Mediante este Anexo II poderá solicitar ata seis centros, por orde de preferencia, e deberá ser presentado exclusivamente no primeiro centro que apareza nela. No caso de que a persoa solicitante non fose admitida no centro indicado en primeiro lugar, aplicarase o procedemento para a adxudicación subsidiaria noutro centro educativo dos que puxo na solicitude.

En todo caso, informarase a través desta web das distintas fases e prazos do proceso de admisión.

Para información legal, prema aquí.  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut