Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Paisaxe

EXERCITANDO E ENTRENANDO POLO XARDÍN

 

O xardín como espazo de exercitación e de entrenamento tanto para as leccións de Educación Física como para realizar xogos e actividades físico-deportivas e recreativas.

 

Así o alumnado coñece as posibilidades que ofrece a contorna para a realización de actividades fisico-deportivas e aprende a respectala e a valórala como un lugar común para a realización  destas actividades.

 

O xardín do Leiras é un bo lugar para a adquisición de técnicas básicas de progresión e orientación no medio natural, e a súa aplicación no ámbito do Deporte de Orientación.

 

 

CADEA HUMANA COAS ÁRBORES DO XARDÍN

 

Alumnas de Relixión Católica de 1º de BAC participan nun Proxecto ERASMUS con alumnado de Portugal, Italia e Francia. Na semana que lles correspondeu ser as anfitrionas en Lugo, na hora de clase decidimos poñer en valor o noso xardín e realizar nel actividades como foron  facer unha cadea humana coas magníficas árbores coas que temos a sorte de contar e inmortalizar o momento facendo unha sesión de fotos que quedarán para o recordo dunha inolvidable xornada multicultural.

 

 

Con esta actividade quixemos simbolizar a unión dos pobos e dos países nunha convivencia pacífica e fraterna.

 

 

ROSEIRAS DEDICADAS

 

As profesoras implicadas no PROXECTA + sobre Paisaxe e sustentabilidade, xunto coa administrativa do Centro, quixemos celebrar o día 8 de marzo conmemorando o día da muller traballadora apadriñando roseiras. Plantamos, abonamos e regamos roseiras adicadas a mulleres destacadas nas materias que impartimos ou ben mulleres especiais que deixaron unha fonda pegada en nós.

 

 

Eleximos roseiras de variedades especiais e pouco comúns xunto con outras autóctonas, para representar así de xeito simbólico a variedade e diversidade que poboa o noso centro educativo.

 

 

 

IDENTIFICAMOS FLORES

 

Dende a Aula de Apoio Educativo,facendo unha aposta pola diversidade na forma de aprender como una porta aberta á inclusión necesaria nas nosas aulas, participamos no plan PROXECTA + sobre Paisaxe e Sustentabilidade que pon en valor o xardín do Leiras,

Dentro da Unidade Didáctica sobre o funcionamento da lingua, no recoñecememto, explicación e uso léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de vocabulario temático a partir de campos léxicos  traballamos na aula cos nomes dos distintos tipos de flores.

MATES PARA O XARDÍN: CARTOGRAFÍA

 

El departamento de Matemáticas participó en el PROXECTA+ sobre Paisaxe e Sustentabilidade y así llevar  a cabo un trabajo interdisciplinar entre distintos departamentos .

 

            El proyecto se llevó a cabo con alumnado de 2º de ESO paulatinamente a lo largo del curso en diferentes unidades didácticas de la materia.

 

            Nuestros inicios fueron en la unidad didáctica tres cuando trabajamos los números decimales y las unidades de medida. Aunque parezca mentira muchos de nuestro alumn@s no sabían utilizar un metro , ( donde empezaba a contar este o la división del mismo en metros, centímetros…) algo tal usual en nuestro día a día. Salimos al jardín y empezamos a realizar distintas mediciones con metros y con una cinta de 50m que nos prestaron. Así empezó a surgir una pequeña idea de como podíamos distribuir las plantas de forma lo más armónica posible desde el punto de vista matemático.