Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Paisaxe

RECUPERAMOS E REVITALIZAMOS PRANTAS MURCHIÑAS

 

 

Unha das actividades que decidimos realizar dende o Departamento de Relixión Católica dentro das propostas feitas para a “feira da primavera” foi recuperar e revitalizar prantas murchiñas do noso xardín.

 

 

 

Despois de ten feito a observación de que algúns arbustos e prantas do noso xardín non tiñan un  aspecto saudable que lles permitise agasallarnos coas súas fermosas flores, os alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO con gran interese e dedicación, cavaron, abonaron e regaron esas prantas e arbustos que necesitaban unha axudiña.

 

 

 

Xa que o xardín do IES configura o escenario da nosa vida cotiá, con esta acción, aínda que pequena, pode mellorar o espazo onde habitamos.

 

 

COLABORACIÓN INTERDISCIPLINAR DOS 3 PROXECTA + : ALIMÉNTATE BEN, XOGADE E APADRIÑA UNHA ROSEIRA

 

 

 

 

Dada a importancia do exercicio e da vida activa na adolescencia para evitar a obesidadde, este ten que complementarse cunha alimentación sá, e dentro desta é básica a froita. Así na semana da feira da primavera programáronse actividades físico-deportivas e tamén o día da froita en colaboración coa AMPA.

 

Dende o Departamento de Relixión Católica quixemos integar aquí a educación medioambiental como complemento a estas actividades. Preténdese que o alumnado incorpore a paisaxe como obxecto de aprendizaxe e se convirta en actor da súa mellora e posta en valor.

 

 

 

 

 

A actividade que desenvolveu o alumnado consistiu na recollida das mondas da froita e de outros residuos orgánicos, en papeleiras feitas para tal fin con botellas de auga de 5l. recicladas, para logo depositalos no composteiro, que está situado nun recuncho do xardín e así xerar un abono natural que sevirá para fertilizar as roseiras  prantadas  durante o curso polos alumnos e alumnas de 2ºESO e outras prantas e arbustos prantados e sementados polo alumnado de outros cursos.

 

 

 

APADRIÑAMOS ROSEIRAS NO XARDÍN DO LEIRAS

 

 

 

Os alumnos de 2ºESO nas materias de Valores Éticos, Relixión Evanxélica e Relixión Católica, realizaron un pequeño proxecto de intervención no xardín do IES, liderado polo alumnado, incorporando a paisaxe e a súa posta en valor como obxecto de aprendizaxe, plantaron roseiras.

 

 

Despois de facer en grupos de tres alumnos, logos orixinais realizados con materiais reciclados ou de restos de actividades de anos anteriores. Son colocados como etiquetas identificativas á modo de nome que individualice e personalice cada planta de roseira.

 

 

 

Sendo esta actividade á principal do plan PROXECTA + sobre paisaxe e sustentabilidade, realizase de xeito interdisciplinar e faise a plantación das roseiras de maneira conxunta á mesma hora de clase.

 

 

Con esta actividade potenciase o desenvolvemento da competencia social e cívica na relación establecida entre o alumnado que forma o grupo do apadriñamento das roseiras, coa participación no reparto de tarefas, de integrar as ensinanzas das familias con respecto á plantación e coidados necesarios das roseiras así como a valoración que o taballo colaborativo en grupo aporta para o resultado dun trballo final exitoso.

 

CONCIENCIANDO SOBRE O COIDADO DO MEDIOAMBIENTE

BRIGADA DE LIMPEZA

 

 

Co obxectivo fundamental de concienciar sobre o que é de todos coidámolo todos” comezando polo entorno máis próximo, os alumnos de 2ºESO, na clase de Relixión Católica, fixeron uns recolledores para o lixo reutilizando botellas de plástico de 5 litros para a auga.

 

 

 

Con esta acción preténdese concienciar da importancia de reducir, reciclar e reutilizar os materiais xa existentes para que o impacto da contaminación da Natureza sexa cada vez o menor posible. Seguindo duas liñas, unha evitando adquirir novos obxectos e outra, dando nova vida a un material que non se vai desbotar para que contamine.

 

 

 

Logo en pequenos grupos o alumnado percorreu o xardín e o patio recollendo o lixo que estaba espallado en abundancia, para despois depositalo nos contenedores adecuados, unha vez que se tivo feita a selección dos materiais.

 

 

 

Inculcando hábitos sostibles relantizamos o negativo avance do cambio climático e acercándonos así á consecución dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, promovidos polas Nacións Unidas na Axenda 2030.

 

UN CASTIÑEIRO COMO AGASALLO

 

 

O Departamento de Relixión Católica, en colaboración co Programa ATREVETE na materia de Matemáticas, realizou unha visita co alumnado de 1º ESO a empresa de Lugo, Maderas Besteiro, que nos agasallou cunha pranta de castiñeiro e ao mesmo tempo nos fixo a petición de establecer un compromiso de plantación e coidado para esta pranta.

 

 

 

 

Tomamos a decisión de prantala no xardín do noso IES, cumprindo así co compromiso adquirido.

 

 

Con dilixencia e eficacia o alumnado realizou a prantación do castiñeiro e logo fotografouse con él para deixar testemuña da actividade realizada en equipo e coordenada polas profesoras, facendo unha pequena intervención na contorna próxima incorporando a paisaxe como obxecto de aprendizaxe.

 

 

VARIEDADE E DIVERSIDADE

 

 

Co gallo do día adicado ao autismo, o alumnado de 1º e 2º ESO de Relixión Católica, realizou un traballo consistente en facer flores de cartulina coas catro cores que compoñen o logo que representa ás persoas con TEA. Cada unha destas flores ía personalizada cunha frase expresada en pictogramas que contiñan  desexos, invitacións, propostas, etc. adicadas aos compañeiros/as con TEA.

 

 

Na semana do 2 de abril, as flores foron expostas no corredor do IES, para logo facer unha actividade no xardín, que consistía en levar a cabo unha plantación simbólica destas flores para que fructifiquen as mensaxes que conteñen. Tales como: todos estamos contigo, eu son o teu verdadeiro amigo, con amor todo é posible, eu acompáñote, quero ser o teu amigo, eu axúdoche, ti e máis eu somos iguais, etc.

 

 

 

Realizamos esta actividade co obxectivo de construir un ensino que responda á atención á diversidade e que taballe  pola inclusión, facendo partícipe a todo o alumnado no descubrimento de que son eles quens constrúen a vivencia do diverso no contexto social.

 

 

 

O XARDÍN COMO TEMA E COMO ESPAZO DE ENSINO

 

Na materia de Lingua galega e literatura,  traballáronse contidos sobre as árbores do xardín nas prácticas de exposicións orais do alumnado. Dentro do bloque de estudo de coñecemento e aplicación, con axuda das TIC, de técnicas e estratexias para a producción de textos orais sobre temas de actualidade.

 

 

 

Do mesmo xeito abordouse o uso e aplicación de técnicas e estratexias necesarias para falar en público: planificación do discurso nas prácticas orais e informais.

 

 

 

Co obxectivo de facer partícipes ás familias do que se aprende na escola, despois de ter estudado a producción, en formato papel ou dixital, de textos propios dos medios de comunicación: a entrevista, levárono á práctica nos séus  fogares.

 

 

 

Os contidos traballados no achegamento ao xardín do Leiras foron: recoñecemento, explicación e uso de léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de fraseoloxía e de vocabulario temático a partir do campo léxico da paisaxe.

 

 

O xardín como espazo de ensino foi utilizado para poñer en práctica os coñecementos adquiridos e tamén para disfrutar dun lugar tranquilo e atraínte, onde ler.

 

 

 

 

 

 

 

 

ENCHENDO O COMPOSTEIRO

 

Para construir unha sociedade máis sostible, sabemos que o noso día a día e as nosas accións teñen un efecto sobre o noso entorno. E que ese efecto, dunha maneira máis ou menos directa, volve sobre nós impactando na nosa saúde. Tamén sabemos que os hábitos sostibles ralantizan o negativo avance do cambio climático.

 

Así alumnado e profesorado quixemos aportar o noso graíño de área, realizando esta actividade durante, prácticamente, tódolos venres de cada  mes.  Achegábamonos ao composteiro, situado nun recuncho do xardín do Leiras, para levar os residuos orgánicos válidos para facer un compost que logo servirá de abono natural para as nosas roseiras e demais plantas e arbustos do xardín.

 

 

O obxectivo é coidar da Natureza e concienciarnos para colaborar e así entre todos acadar os obxectivos para o desenvolvemento sostible promovidos pola Axenda 2030 das Nacións Unidas.

 

 

 

 

 

MÚSICA NO XARDÍN

 

O alumnado de 2º ESO participou durante os meses do último trimestre en varias actividades musicais promovidas polo Dpto de música no noso xardín. Aproveitando o bo tempo, varias sesións prácticas se levaron a cabo baixo as nosas árboles, en plena natureza. 

 

Miniconcertos, clases grupais.. 

 

Os alumnos tocaron ca flauta e cos instrumentos de percusión pezas como Bella ciao ou Oh when the saints. 

 

Tamén alí tivemos ocasión de coñecer máis polo miúdo o funcionamento dalgúns instrumentos de vento, como o trombón, o bombardino e a flauta traveseira. Aproveitando que entre os nosos alumnos figuran algúns estudiantes de Conservatorio, foron eles mesmos os que impartiron estas sesións sobre instrumentos de vento, promovendo "a aprendizaxe entre iguais". 

 

Para rematar, interpretaron pezas musicais como A Pantera Rosa, Star Wars ou Havana.

 

 

 

INTERDISCIPLINARIEDADE: VALORES NO DEPORTE

 

O Departamento de Relixión Católica colabora  co Departamento de Educación física levando a cabo unha actividade interdisciplinar. Imparte en clase a formación en Valores no Deporte, algo tan importante na vida dos noso alumnado.

 

 

 Despois do visionado dun vídeo e das expicacións da profesora, o alumnado fixo unha selección dos valores que consideraron fundamentais. Logo, en grupos, compuxeron as palabras elexidas despois de realizar as letras con materiais reutilizados e reciclados de periódicos e de revistas.

  

 

Unha vez máis utilizamos o xardín do Leiras como escenario para facer a exposición do traballo elaborado.