Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Erasmus+, Edu-saúde, Edu-excelencia, Quéda-T, Convive-T, Inclúe-T, Xogade, Paisaxe

Educar en Xustiza - 22/23

A partir da grande experiencia educativa disfrutada no mes de maio, o alumnado de 3º da ESO participará durante este mes de outubro no programa Educar en Xustiza promovido polo TSXG. Esta actividade insírese no Plan de Acción Titorial do centro, e vai encamiñada a promover o desenvolvemento dunha cidadanía consciente por parte do alumnado e fornecer espazos para que se exerza de maneira activa, crítica e responsable.

O programa é o seguinte:

- 3ºA asiste o 3 de outubro ao Xulgado do Penal nº2  de Lugo

- 3ºB o 11 de outubro ao Xulgado de Instrución nº2 de Lugo

- 3ºC o 18 de outubro ao Xulgado de Instrución nº2 de Lugo

- 3ºD o 19 de outubro ao Xulgado do Instrución nº3 de Lugo

Participaremos en varios xuízos (en xeral, curtos) que terán lugar nesas salas, e o/a maxistrado/a ao final de cada xuízo dará as indicacións necesarias para seguir o procedemento xudicial e comentará a sentenza a ditar.

Na xornada do día 11 de outubro asistimos a cinco xuízos moi interesantes presididos pola xuíza Sandra Piñeiro que nos atendeu cunha amabilidade e unha adicación que queremos destacar. Falounos sobre os detalles de cada caso achegando explicacións históricas sobre o principio de igualdade e a consecución de dereitos. Tamén fixo reflexionar ao noso alumnado sobre as causas da delincuencia, moi ligadas ás adicións. Unha actividade de grande calidade educativa que, abofé,  inspirou vocacións entre os/as participantes.

Ópera Hits (07-10-2022)

Programa dedicado ás arias máis famosas da ópera.

Dirección: Nuria
Locutores: Nuria, Xabi
Control: Xabi

Venres Musicais - Leiras Reloaded (30-09-2022)

Abrimos a porta da radio e aí están, Félix e os seus colaboradores, que levan agardando dende o último programa da festa de fin de curso pasado, e seguen con ganas de máis.

Dirección: Félix
Locutores: Samuel, Alexandre, Eva, Carla, Judith, Félix
Control: Xabi

 

Venres Musicais - One Hit Wonder (16-09-2022)

Programa dedicado a eses grupos que só tiveron un éxito e nunca máis se soubo deles.

Dirección: Xabi e José Manuel
Locutores: José Manuel e Xabi
Control: Xabi

 

Venres musicais: O baixo non soa tan baixo (07-07-2022)

 

Último programa de venres musicais, dedicado en especial ás liñas de baixo.

Dirección: José Manuel
Locutores: José Manuel, Xabi
Control: Alicia

Unidade Didáctica Deporte Orientación Curso 21-22

O ficheiro adxunto contén as actividades desenvolvidas da Unidade Didáctica deseñada para o deporte de orientación escolar dentro do programa da materia de Educación Física.

EXCURSIÓN 3º ESO SURF EN VIVEIRO

Os días 20 e 21 de xuño o alumnado de 3º de ESO participou nunha saída de actividades deportivas na natureza organizada polo departamento de EF do noso instituto. 

Desfrutaron de dúas clases de iniciación ao Surf impartidas por persoal da Viveiro Surf Escola e de dúas rutas de sendeirismo polos acantilados do Loiba e Fuciño do Porco.

O grupo de 39 alumnos e alumnas asistiu a esta actividade dirixido polos seus profesores Xose Manuel, Miguel e Luisa.

EXCURSIÓN 2º ESO A LAGO DE CARUCEDO E MÉDULAS

O alumnado de 2º de ESO participou os días 12 e 13 de Xuño nunha saída ao Lago de Carucedo e ás Médulas organizada polo departamento de EF e acompañado por Cristina, Jose Antonio e Luisa. Durante estes dous días o grupo realizou actividades físicas no medio natural: escalada e tirolina, xogos, kayak, sup e sendeirismo. Tamén fixeron unha visita á Casa do Parque e disfrutaron dunha divertida velada.

EXCURSIÓN 1º ESO A MANZANEDA

O alumnado de 1º de ESO participou os días 6, 7 e 8 de xuño nunha saída de tres días  á estación de montaña Manzaneda organizada polo departamento de EF  e acompañado por Belén, Cristina, Mª Carmen e Luisa. Durante estes días o grupo realizou actividades físicas no medio natural: multiaventura, tiro con arco, orientación, escalada, pelota canadiense, sendeirismo,…así como actividades na piscina, xogos, nós e…discoteca. Como broche final desfrutaron da subida e baixada no telesilla da estación.

FEIRA DEPORTIVA DE PRIMAVERA DO IES LEIRAS PULPEIRO

Este ano celebrouse en maio a 1ª Feira de Primavera do IES Leiras Pulpeiro. Durante os recreos o alumnado participou en diferentes actividades físicas propostas polo departamento de EF. En total 23 alumnas e alumnos obtiveron agasallos polos puntos conseguidos. Aquí podedes ver a fotos da entrega dos mesmos. Se algún dos premiados aínda non recolleu o seu agasallo, pode facelo en conserxería

 

Distribuir contido


by Dr. Radut