Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Física e química

Visita a Coruña

O departamento de Física e Química levou ao alumnado de segundo a visitar hoxe a Casa das Ciencias e a Domus en Coruña. 

 

Observación da lúa chea

Noutra noite espectacular deste outono, pudemos ver a lúa chea con total nitidez.

Gracias polo voso interese a todos os que viñestes. Así da gusto traballar no ensino.

 

Se picades nas fotos inferiores, iredes ó álbum de fotos para descargalas en mellor calidade.

 

LúaLúaLúaLúa

Observación de planetas

Hoxe xuntámonos arredor de 50 persoas para observar Marte e Saturno co telescopio. A noite estivo perfecta, con temperatura agradable e o ceo totalmente despexado. Foi un pracer oírvos as exclamacións de sorpresa e admiración ó ver ós aneis do planeta.

Ó final da sesión, a iso das 11 da noite, os poucos que quedamos pudemos ver o que cremos que é a galaxia de Andrómeda.

Observación de planetas

Mañá venres día 28, a iso das 21:00, o departamento de Física e Química, xunto co de Tecnoloxía, ofrecerá unha sesión de observación de planetas con telescopio no patio do instituto.

Poderanse ver Júpiter coas súas lúas, Marte e Saturno co seu anel. Máis avanzada a noite, aparecerá a lúa minguante no horizonte e poderemos ver os cráteres.

Todo iso se non se nubra, por suposto.

 

E finalmente, nubrouse. tentaremos de novo o luns ou martes.

Obradoiro científico de Galiciencia: “Dos átomos á luz”

Un profesor especialista en divulgación científica, presentou en Galiciencia, no parque tecnolóxico de Ourense, unhas experiencias sobre a luz e os átomos, que seguíu o alumnado de Física e Química de 4º ESO e 3º ESO B do noso instituto con grande interese, a través dunha videoconferencia.

O taller consiste nunha exploración experimental desde as propiedades dos átomos ata o comportamento da luz.

 

Resumo da charla:

Así como a materia está formada por unidades (átomos) que posúen unha estrutura (núcleo e electróns), a luz tamén está formada por unidades (fotóns) que actúan individualmente coa materia e pode producir cambios químicos que dependen da enerxía dos fotóns e da enerxía coa que os átomos están unidos.

Os espectros son representacións da distribución de enerxía presente na luz e de como a luz interacciona cos materiais.

A luz orixínase nos cambios de estado dos electróns nos átomos e a súa análise (espectroscopía) revela que átomos son responsables da emisión de luz. Vemos a luz debido a unha reacción fotoquímica nos pigmentos presentes nas células sensibles da retina, que soamente responden a un certo intervalo da radiación electromagnética (luz visible).

Distribuir contido


by Dr. Radut