Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Taboleiro

Aviso Premios Extraordinarios ESO

 

As probas realizaranse o vindeiro 15 de outubro de 2014 de acordo co seguinte horario:

– Ás 9.15 horas, presentación dos candidatos e candidatas.

– Das 10.00 ás 12.00 horas, primeira parte da proba.

– Das 12.30 ás 14.30 horas, segunda parte da proba.

 

O centro onde se realizarán as probas da provincia de Lugo será o IES Sanxillao. Avenida das Fontiñas, nº 171, Lugo.

 

Para a realización das probas os candidatos e candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

 

Toda a información publicada na

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/14, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes (DOG do 1 de outubro)

 

 

Convocatoria Bolsas de carácter xeral para estudos postobrigatorios (Bacharelato e FP)

No BOE do xoves 7 de agosto de 2014 publícase:

“Resolución de 28 de julio de 2014, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2014-2015 para estudiantes que cursen estudios postobligatorios".

O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o día 30 de setembro de 2014 inclusive.

A solicitude deberá cubrirse mediante o formulario accesible por vía telemática na dirección https://sede.educacion.gob.es/ no apartado correspondente a “Trámites y servicios” ou no enderezo electrónico www.mecd.gob.es
  

CALENDARIO INICIO DE CURSO 2014 / 2015

Luns 15

10:00 h. - Presentación 1º e 2º CFGS Procesos e calidade na industria alimentaria

 

Martes 16

11:30 h. - Presentación 2º BAC

12:15 h. - Presentación 1º BAC

 

Mércores 17

10:00 h. - Presentación 4º ESO

10:45 h. - Presentación 3º ESO

11:30 h. - Presentación 2º ESO

12:30 h. - Presentación 1º ESO

 

Xoves 18

8:30 h. – Comezo das actividades lectivas no horario habitual do centro

 Nota: As presentacións comezarán no salón de actos, onde o equipo directivo falará co alumnado e lle presentará aos titores/as, alí presentes. Xusto despois, o alumnado irá á aula de grupo co seu titor/a, quen continuará a presentación, mentres os pais/nais e titores/as legais permanecen no salón de actos co equipo directivo

 

  

Banco de libros para o curso 2014/2015 (calendario setembro)

Un ano máis dende o centro organizarase un banco de libros de texto para favorecer o intercambio dos mesmos entre o alumnado. A organización levarase a cabo do seguinte xeito:

  • O alumnado entregará o lote de libros do curso 2013/2014 e nese mesmo momento entregaráselle en préstamo outro lote para o curso 2014/2015 (que deberá devolver ao centro ao remataren o curso académico).

  • En xuño recolléronse unicamente os lotes do alumnado que aprobou todas as materias.

  • En setembro hai un novo calendario de recollida e entrega para o alumnado que suspendeu algunha materia en xuño.

  • En ningún caso se asegura a entrega do lote enteiro.

  • Non se garante que todo o alumnado poida dispoñer dun lote de libros.

  • A entrega farase por estrita orde de chegada.
     

CALENDARIO DE ENTREGA E RECOLLIDA

9 de setembro

10:00 h.            Alumnado que cursou 1º Bach. no curso 2013/2014

11:00 h.            Alumnado que cursou 4º ESO no curso 2013/2014

12:00 h.            Alumnado que cursou 3º ESO no curso 2013/2014

13:00 h.            Alumnado que cursou 2º ESO no curso 2013/2014

 

 

10 de setembro

10:00 h.            Alumnado que cursou 1º ESO no curso 2013/2014

11:00 h.            Alumnado que cursou 6º Educación Primaria no curso 2013/2014

 

 

O alumno Alberto Rodríguez Ferreiro, recoñecido na USC polo seu excepcional expediente académico.

O noso xa ex-alumno Alberto Rodríguez Ferreiro foi agasallado cun recoñecemento por parte da Universidade de Santiago de Compostela por ter acadado un dos mellores expedientes académicos de Galicia despois de cursar Bacharelato e superar exitosamente a PAU.

Parabéns, Alberto!!! Fixeches un gran traballo!!!

Moita sorte na túa andadura na universidade.

Banco de libros para o curso 2014/2015

Un ano máis dende o centro organizarase un banco de libros de texto para favorecer o intercambio dos mesmos entre o alumnado. A organización levarase a cabo do seguinte xeito:

  • O alumnado entregará o lote de libros do curso 2013/2014 e nese mesmo momento entregaráselle en préstamo outro lote para o curso 2014/2015 (que deberá devolver ao centro ao remataren o curso académico).

  • En xuño recollerase unicamente o lote ao alumnado que aprobou todas as materias.

  • En setembro haberá un novo calendario de recollida e entrega para o alumnado que suspendeu algunha materia en xuño. Este alumnado deberá entregar o seu lote completo en setembro, aínda que en xuño tivera superadas unhas materias e outras non.

  • En ningún caso se asegura a entrega do lote enteiro.

  • Non se garanta que todo o alumnado poida dispoñer dun lote de libros.

  • A entrega farase por estrita orde de chegada.

  • Non se comezará a recollida nin a entrega dos lotes ata a hora indicada en cada caso.

 

CALENDARIO DE ENTREGA E RECOLLIDA

26 de xuño

10:00 h.            Alumnado que cursou 1º Bach. no curso 2013/2014

11:00 h.            Alumnado que cursou 4º ESO no curso 2013/2014

12:00 h.            Alumnado que cursou 3º ESO no curso 2013/2014

13:00 h.            Alumnado que cursou 2º ESO no curso 2013/2014

 

 

27 de xuño

10:00 h.            Alumnado que cursou 1º ESO no curso 2013/2014

11:00 h.            Alumnado que cursou 6º Educación Primaria no curso 2013/2014

 

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras: publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido e suplente

Xa están publicación as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014.

Estas listaxes, así como a información referida á aceptación das axudas, poderanse consultar na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).

 

Entrega de boletíns de cualificacións e matrícula

As actividades lectivas rematan o venres 20 de xuño, no que haberá clase na 1ª sesión e posteriormente desenvolveranse as finais deportivas das ligas internas. O transporte escolar realizará o servizo no seu horario habitual.

Os titores/as entregarán os boletíns de cualificacións o mércores 25 de xuño, ás 10:00 h., nas aulas de grupo. Nese mesmo momento entregaráselle un sobre de matrícula ao alumnado que teña superado en xuño todas as materias. Daráselle a todo o alumnado información sobre o calendario de recollida e entrega dos libros de texto, que xa está publicado nesta mesma web.

Todo o alumnado debe matricularse anualmente.

O período de matrícula será do 25 de xuño ao 10 de xullo. No caso do alumnado menor de idade, SOAMENTE SE RECOLLERÁN OS SOBRES DE MATRÍCULA AOS PAIS, NAIS OU TITORES/AS LEGAIS, que deberán asinar os impresos.

 

Convocadas axudas para a adquisición de libros de texto – Curso escolar 2014-2015

Principais novidades da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto – Curso escolar 2014-2015

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario)
Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2.  O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).
Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

Máis información na convocatoria adxunta

Transporte escolar do alumnado de BAC en xuño

Prorrógase ata final de curso a autorización do uso do transporte escolar ao alumnado de ensinanza non obrigatoria que xa a tiña concedida ata o 31 de maio.

Deberán manterse as condicións nas que foi concedida:

  • Que existan prazas vacantes
  • Que non comporte modificación de rutas
  • Que non supoña a creación de novas paradas
  • Que non incremente a duración do traxecto

 

Distribuir contido


by Dr. Radut