Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Taboleiro

Libros de texto ESO curso 2015-2016

Premendo nas seguintes ligazóns pode descargar o listado de libros de texto dos niveis da ESO para o curso 2015-2016:

Información para alumnado de nova incorporación a 1º de ESO no curso 2015-2016

Debido a que aínda non se ten publicado o Decreto que establece o currículo da ESO e do Bacherelato, nin tampouco a normativa que o desenvolve, comunicamos que neste curso non levaremos a cabo a xuntanza informativa coas familas do alumnado que se incorporará a 1º de ESO no curso 2015-2016.

Ao inicio do vindeiro curso informarase adecuadamente dos aspectos máis salientables da nova normativa.

Co obxecto de formalizar a matrícula do alumnado, informamos que a única optatividade a ter en conta é a de ensinanzas relixiosas, onde os responsables do alumno deberán escoller entre Relixión católica ou Valores éticos. Ambas as dúas materias son avaliables e a súa cualificación será tida en conta para todos os efectos nas mesmas condicións que a das demais materias, tanto para o cálculo da nota media do curso como a efectos de decidir a promoción ou non do/a alumno/a.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS: entrega de notas, recollida de libros, matrícula

Premendo na imaxe pode acceder a información moi importante para as familias e o alumnado sobre a entrega dos boletíns de notas, a recollida e entrega de libros de texto e o período de matrícula (consta de dúas páxinas):

 

Prema na imaxe

 

A alumna Paula Portela, mención especial no III premio de ensaio subversivo “GUILLERMO DOMÍNGUEZ”

A nosa excelente alumna Paula Portela Cabana acadou unha mención especial na III edición do prestixioso Certame de Ensaio Subversivo "Guillermo Domínguez" co seu ensaio titulado "Traizón a especie".

O xurado destacou a subversión do seu tema, que vai contracorrente na súa interpretación do que é a sensibilidade social. En palabras do xurado, un ensaio valente, rebelde e pulcro, coherente, ben estruturado e moi ben escrito.

Noraboa, Paula! Os froitos do traballo ben feito sempre acaban madurando.

Nota: a entrega dos galardóns terá lugar o martes 16 de xuño, ás 18:00 horas, na Biblioteca Antiga do IES Xelmírez I de Santiago de Compostela.

O grupo 2ºA de ESO, 1º premio Actividade Creativa en "Clases Sen Fume"

 

A clase de 2ºA de ESO acadou o 1º Premio á Actividade Creativa no concurso Clases Sen Fume, organizado pola Consellería de Sanidade e a de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Noraboa ao alumnado e ao profesorado implicado polo excelente traballo.

 

Foto do grupo Foto oficial

 

Aquí podedes ver o vídeo premiado:

 

E premendo nestas ligazóns podedes ver o vídeo de 1ºA de ESO e o de 1ºB de ESO.

Noraboa a todos e todas por participar con tanta ilusión.

 

 

Novidades sobre a LOMCE e a adquisición ou intercambio dos libros de texto

No vindeiro curso 2015-2016 implantaranse os cambios establecidos pola LOMCE en 1º e 3º de ESO, e en 1º de Bacharelato.

O pasado día 1 de xuño publicáronse dúas ordes que regulan, respectivamente, o fondo solidario de libros de texto en 2º e 4º de ESO, e as axudas para a adquisición de libros en 1º e 3º de ESO.

Polos anteditos motivos, nestes días enviaranse cartas informativas ás familias acerca de estes asuntos.

Poden descargar estas cartas e a normativa nas seguintes ligazóns:

 

Normativa sobre as axudas para a adquisición de libros de 1º e 3º de ESO

Normativa sobre o fondo solidario de libros de 2º e 4º de ESO

 

 

Dúas alumnas, premiadas no 55º Concurso Coca-Cola de relato curto en lingua galega "Xóvenes talentos"

 

As nosas alumnas de 2º de ESO Patricia Barreiro e Iria Blanco acadaron o 2º e 3º premio provincial no 55º Concurso de relato curto en galego "Xóvenes talentos", organizado por Coca-Cola.

Ambas as dúas, xunto coa súa profesora Cristina Soto, foron recoller o seu premio o pasado venres 22 de maio ao Parador de Baiona, un precioso lugar para tan emocionante acto.

Parabéns, Patricia e Iria!!!

Premendo aquí podedes acceder ás fotos.

Máis información: BaionaTV, Consellería de Cultura, Educación e O.U., Concurso Coca-Cola.

 

David Pintor visita o Leiras Pulpeiro

O pasado xoves, 30 de abril, recibimos a visita de David Pintor. Foi unha charla moi interesante e puidemos ver en vivo e en directo como se fai unha caricatura. Aprendimos moito de todo o que nos contou.

Podedes ver todo en BIBLIOLEIRAS.

PAAU 2015: INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO

PAAU 2015: matrícula e calendario probas

Preme na imaxe

(Preme na imaxe para descargar o documento)

Distribuir contido


by Dr. Radut