O día 26 de abril, saíu publicada no DOG a Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016 (pdf da orde) (pdf do extracto da orde). A dita orde presenta algunhas novidades que xa foron incluidas na convocatoria do ano pasado e que se sinalan a continuación, xunto con outra información de interese:
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016 (artigo 4. da orde de convocatoria). O prazo rematará o 3 de xuño de 2016.
2. O alumnado interesado (ou os seus representantes legais) presentarán a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, tamén poderán presentarse en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo. Os centros educativos non están autorizados a presentar as solicitudes do alumnado. Estas deberán ser presentadas directamente polos alumnos ou alumnas dentro de prazo a través das canles anteditas.
3. En todo caso, o alumnado entregará unha copia da instancia na Secretaría do centro, para que a Dirección do mesmo poida informatizar os datos da súa solicitude na aplicación informática https://www.edu.xunta.es/premiosbac/ e facer a transferencia de eses datos á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Para máis información, poden preguntar na Secretaría ou na Vicedirección do centro.