Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Orientación

ORIENTACIÓN ACADÉMICA VIRTUAL

Os “Encontros Virtuais” da USC terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC, a páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, no enderezo web:
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina os alumnos  e alumnas atoparedes:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

o    A posibilidade de interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. Na ligazón de cada titulación indicaremos os horarios de cada unha das videoconferencias.

Bioloxía 4ºESO

Envíovos un arquivo coas indicacións para traballar e preparar materia estes días.

Día Mundial de Concienciación do Autismo: tod@s de AZUL!!!

Para celebrar o Día Mundial de Concienciación do Autismo (2 de abril), no Leiras Pulpeiro organizamos unha serie de actividades durante a semana anterior:

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

 

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo no IES Leiras Pulpeiro

Dia Mundial de Concianciación sobre o Autismo

O mércores 2 de abril celebramos no noso instituto o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Primeiro colgamos unha preciosa pancarta elaborada polos nosos compañeros da aula de TXD, Adrián, Álex, Javier e Mar Mariña. É un corazón multicolor que nos representa a todos e quedará uns días colgando da fachada do centro.

Logo finchamos entre todos moitos, moitos globos azuis, para amosar o noso compromiso coa inclusión das persoas con transtornos do espectro autista. Colgámolos no corredor principal do centro. os nosos compañeiros con autismo estaban moi, moi contentos.

Ádrián, Álex, Javier, Mar Mariña... gústanos moito que esteades connosco no Leiras. Moitas grazas por amosarnos a vosa realidade.

 

 

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Charla-coloquio coa Fundación Secretariado Xitano

      

Irene Jiménez y Belén Fernández, da Fundación Secretariado Xitano de Lugo, déronnos unha interesantísima charla na que desmontaron moitos tópicos e abríronnos os ollos a un mundo do que moitas veces temos unha imaxe algo distorsionada.

O mundo xitano e o payo conviven no noso centro, mais moitas veces uns e outros temos prexuízos e inquedanzas. Cómpre esforzarse por eliminar barreiras e aceptar a diferenza que, lonxe de ser un problema, é unha verdadeira riqueza.

 Preme aquí para acceder á nova no periódico.


   

 

Charla ás familias do alumnado de 6º do CEIP de Casás e do CEIP Menéndez Pelayo

O vindeiro xoves 13 de marzo, ás 16:00 horas, o IES Leiras Pulpeiro recibirá aos pais, nais, titores ou titoras do alumnado do CEIP de Casás e do CEIP Menéndez Pelayo. Asistirán a unha charla informativa a cargo da orientadora e o director do instituto na que poderán coñecer mellor o centro, as súas instalacións e as ensinanzas impartidas nel.

Acordo coa Cruz Vermella: "Promoción do Éxito Escolar"

O IES Leiras Pulpeiro, a través do seu Departamento de Orientación, recén acaba de establecer un acordo coa Cruz Vermella para dar apoio escolar a varios alumnos  de 1º e 2º da ESO con dificultades de aprendizaxe. Esta colaboración enmárcase dentro do Proxecto Integral de Inclusión Social en Zonas Desfavorecidas: Promoción do Éxito Escolar.

Varios alumnos e alumnas incorporáronse xa dende hai días a esta actividade, que se desenvolve no local da Cruz Vermella situado na Rúa Aquilino Iglesias Alvariño dende o mes de febreiro de 2014. As actividades lévanse a cabo durante 2 días durante a semana e cunha duración de dúas horas cada día, é dicir, que cada alumno recibirá 4 horas de apoio á semana. A asistencia é contínua e obrigatoria, así coma o cumprimento das normas básicas de respecto e convivencia.

O obxectivo desta actividade é ofrecer un acompañamento educativo e de reforzo de materias escolares, así como un desenvolvemento e afianzamento de estratexias de estudo que contribuian a mellorar as competencias escolares básicas.

Distribuir contido


by Dr. Radut