Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Listaxe provisional das axudas de libros e material escolar

Publicamos a listaxe provisional do fondo libros e axudas de material escolar.

Os excluídos teñen que pasar polo centro para presentar algunha documentación que falta. Poden consultar previamente por teléfono cal é a documentación que falta.

Prazo para reclamacións ata o 18 de xullo.

 

Fondo libros

Na listaxe de admitidos podedes ver varios casos, en función de cantos libros teñamos en total en setembro.

  • Mínimo 6 libros: se sobran libros, poderá levar máis. Se non, asegúranse 6.
  • Mínimo 4 libros: se sobran libros, poderá levar máis. Se non, asegúranse 4.
  • Condicionado á matrícula e/ou devolución de libros: ten que matricularse en setembro e devolver previamente os libros que se prestaron o curso anterior.
  • Pendente das existencias de setembro: ten que agardar á lista definitiva de setembro para ver se sobran libros, pero non se asegura que os vaia ter.

O reparto de libros farase de forma automática en setembro. Se xa conseguiron algún libro por outro medio, poden solicitar que non lle deamos un libro en concreto escribindo ó correo secretaria.leiras@gmail.com.

 

Vale de 50€ para material

Teñen dereito a vale os que saen na lista con dereito a "mínimo 6 libros". Os que aprobaron todo e xa se matricularon en xuño, poden recoller os vales xa no mes de xullo.

AdxuntoTamaño
fondolibros_provisional_20182019.pdf127.37 KB
fondolibros_provisional_excluidos_20182019.pdf101.38 KB


story | by Dr. Radut