Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Curso 2014-2015: alumnado admitido con reserva de praza

Todo o alumnado PROCEDENTE DO CEIP DE CASÁS E DO CEIP MENÉNDEZ Y PELAYO que procederon a efectuar reserva de posto escolar no IES Leiras Pulpeiro dentro do prazo correspondente (1 ao 15 de febreiro) TEÑEN UNHA PRAZA asignada para o curso 2014-2015, dado que a demanda de postos escolares foi menor á oferta.

Nestes momentos, e ata o 20 de marzo, pode solicitar praza polo procedemento de admisión o alumnado que non fixo a antedita reserva ou que procede doutro centro de Primaria non adscrito. Para iso deberá entregar o Anexo II no centro que solicite en primeiro lugar. Recoméndase revisar ben os anuncios anteriores feitos neste sitio web e na páxina de Facebook do IES Leiras Pulpeiro para coñecer o procedemento e as posibles consecuencias de non seguir o procedemento establecido.



page | by Dr. Radut