Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Proceso de admisión para o curso 2014-2015

Queda rematado o prazo de RESERVA de posto escolar, exclusivo para o alumnado dos centros adscritos CEIP de Casás e CEIP Menéndez Pelayo.
Os alumnos/as destes dous centros terán praza escolar no IES Leiras Pulpeiro sempre que teñan formalizada a reserva mediante entrega da solicitude no seu colexio de orixe entre o 1 e o 15 de febreiro.

Prazos do proceso de ADMISIÓN (para alumnado procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado):

1. Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: 26 de febreiro.

2. Publicación de postos escolares vacantes: 19 de febreiro.

3. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

4. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 24 de marzo-3 de abril.

5. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

6. Reclamacións ás listaxes provisionais: até o 30 de abril.

7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

8. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

9. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

-----------------------------------------------------------

 

AVISO IMPORTANTE SOBRE A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Na solicitude poderá incluír máis centros na orde de prioridade que desexe. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar ao primeiro a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

-----------------------------------------------------------


Normativa reguladora do procedemento de admisión:

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

Enlace (castellano):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orden_de_12_de_marzo_de_2013_castelan.pdf

---------------------------------------------------

 

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA SOBRE A RESERVA E ADMISIÓN EN ESO E BACHARELATO:

Centros adscritos ao IES Leiras Pulpeiro (o alumnado destes centros poden reservar praza do 1 ao 15 de febreiro, presentando a solicitude nos seus propios centros de orixe):

- CEIP de Casás
- CEIP Menéndez Pelayo

Servizos complementarios ofertados polo IES Leiras Pulpeiro:

Transporte escolar. Regulado na seguinte normativa:

- Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG, 27/06/88)
- Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte de escolares e obreiros de competencia. exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG, 09/01/90). Corrección de erros (DOG, 01/03/90).
- Instrución 3/2011 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaroa, de 27 de xuño, sobre xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2011-2012

 




page | by Dr. Radut