Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Axudas para adquisición de material escolar

A través da Orde de 25 de agosto de 2015 convócanse axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria, ESO e Educación Especial para o curso 2015/2016.

Requisitos:

  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

   Son compatibles coa percepción das axudas para a adquisición de libros de texto.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

  • As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
  • Presentarase unha solicitude por cada alumno/a matriculado (se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles).
  • As solicitudes (que se poden encher e imprimir desde esta ligazón) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno/a, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
  • O prazo de presentación de solicitudes será do 2 de setembro ao 1 de outubro de 2015.
  • A solicitude deberá presentarse xunto coa documentación debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.
  • A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:
    • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
    • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
  • Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno, presentarase orixinal e copia da documentación, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. En caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.

 



story | by Dr. Radut