Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Visita ao Courel

O pasado 25 de abril, o alumnado de Cultura científica e Bioloxía e xeoloxía de 1º de Bacharelato, tiveron a oportunidade de visitar o Courel. A visita correu a cargo de Guille da empresa de turismo activo Coureleando. Dúas foron as paradas principais: o Val das Mouras e a Mina da Granxa, unha mina romana de ferro recén redescuberta hai un mes.

Ademais de explicarnos a importancia xeolóxica do Courel para entender como se formou Galicia pola Oroxenia Varisca, poidemos apreciar calizas de hai máis de 350 millóns de anos de cando se formou Panxea, ou depósitos de ferro que marcan os límites entre o Silúrico e o Ordovícico, de hai uns 450 millóns de anos. O día axudou, e a época, polo que xa estaban en flor moitas das especies emblema desta serra como é o brezo branco, co seu cheiro característico a mel. Ademais de fungos como o Tremella mesenterica, poidemos ver fentos cos seus soros, plantas parasitas como as mullerengas, árbores coma carballos con carrabouxos, castiñeiros, loureiros, espiños, cerdeiras, aciñeiras..., e arbustos como rascacús e arandeiras.

A visita entrañou algunha que outra sorpresa, pero mereceu a pena o esforzo. 



story | by Dr. Radut