Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Grande Actuación do Leiras no Campionato Provincial de Orientación

O mércores 30 de marzo un grupo de alumnas e e alumnos do noso centro participou no Campionato Provincial de Orientación. Esta competición está incluída dentro do proxecto de Promoción de Vida Activa e Saudable (Proxecta: Xogade) dirixido polo departamento de EF e no que participa o departamento de Relixión. O noso instituto competiu con 50 alumnos/as acompañados por Miguel, Nati e Luisa. A carreira, organizada pola sección de Orientación do Club Fluvial, tivo lugar no Parque da Milagrosa, cun mapa específico de orientación e catro percorridos distintos por categorías con 15 balizas cada un. Compartimos unha estupenda xornada de deporte e convivencia e felicitamos a todo o noso alumnado pola súa actitude positiva, de esforzo e aprendizaxe. Noraboa aos que ademáis acadaron resultados que lles permitiron estar nos primeiros postos das súas categorías. 

O IES Leiras Pulpeiro quedou primeiro e segundo nas dúas categorías infantil (masculino e femenino) e segundo e quinto nas categorías cadete masculino e femenino respectivamente, o que nos permitirá representar ao noso instituto no Campionato Autonómico (Gaiás, Santiago de Compostela, 23 de abril) nestas categorías. Na categoría individual, mención especial para Carla, Sara, Naira, Ángel e Álvaro polos podios acadados, e parabéns a todos os integrantes deste gran equipo.

 

AdxuntoTamaño
CampionatoProvincialOrientación.pdf1.86 MB


story | by Dr. Radut