Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Criterio do centro para o baremo de admisión ao curso 2014-2015

A ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con

Premio Extraordinario de Bacharelato para Nerea Capón Lamelas

   

A nosa alumna Nerea Capón Lamelas foi unha dos 13 alumnos e alumnas lucenses que recibiron o venres 14, en Santiago de Compostela, o Premio Extraordinarios de Bacharelato e Formación Profesional. O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, felicitou aos galardonados «pola responsabilidade. Polo traballo ben feito. Polo esforzo e a ilusión» 

Nerea é unha excelente alumna e ten un brillante futuro por diante. Este non é o primeiro premio que recibe nin será o derradeiro. Parabéns, Nerea!!!!!

 

Charla-coloquio coa Fundación Secretariado Xitano

      

Irene Jiménez y Belén Fernández, da Fundación Secretariado Xitano de Lugo, déronnos unha interesantísima charla na que desmontaron moitos tópicos e abríronnos os ollos a un mundo do que moitas veces temos unha imaxe algo distorsionada.

O mundo xitano e o payo conviven no noso centro, mais moitas veces uns e outros temos prexuízos e inquedanzas. Cómpre esforzarse por eliminar barreiras e aceptar a diferenza que, lonxe de ser un problema, é unha verdadeira riqueza.

 Preme aquí para acceder á nova no periódico.


   

 

Presentación do Grupo Literario "Leiras Pulpeiro"

Entroido 2014

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Convócanse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2014

O prazo para presentar as solicitudes e aboar a taxa que se indica na convocatoria será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 11 de abril de 2014 (inclusive).

Convocatoria:

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2014 (ED114A).

Máis información:

http://www.xunta.es/linguagalega/probas_celga

Charla ás familias do alumnado de 6º do CEIP de Casás e do CEIP Menéndez Pelayo

O vindeiro xoves 13 de marzo, ás 16:00 horas, o IES Leiras Pulpeiro recibirá aos pais, nais, titores ou titoras do alumnado do CEIP de Casás e do CEIP Menéndez Pelayo. Asistirán a unha charla informativa a cargo da orientadora e o director do instituto na que poderán coñecer mellor o centro, as súas instalacións e as ensinanzas impartidas nel.

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2014

Publicada a Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos

 

Convocatoria:

ORDE do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

Información sobre os boletíns de notas

Recordamos aos pais/nais e titores/as do alumnado que xa dende uns anos, os boletíns de notas das avaliacións van impresos en papel troquelado.

Este papel leva dúas marcas en relevo (unha arriba á dereita e outra sobre a liña que se debe cortar). Estas marcas nótanse ao tacto e din: "Documento orixinal".

Acordo coa Cruz Vermella: "Promoción do Éxito Escolar"

O IES Leiras Pulpeiro, a través do seu Departamento de Orientación, recén acaba de establecer un acordo coa Cruz Vermella para dar apoio escolar a varios alumnos  de 1º e 2º da ESO con dificultades de aprendizaxe. Esta colaboración enmárcase dentro do Proxecto Integral de Inclusión Social en Zonas Desfavorecidas: Promoción do Éxito Escolar.

Varios alumnos e alumnas incorporáronse xa dende hai días a esta actividade, que se desenvolve no local da Cruz Vermella situado na Rúa Aquilino Iglesias Alvariño dende o mes de febreiro de 2014. As actividades lévanse a cabo durante 2 días durante a semana e cunha duración de dúas horas cada día, é dicir, que cada alumno recibirá 4 horas de apoio á semana. A asistencia é contínua e obrigatoria, así coma o cumprimento das normas básicas de respecto e convivencia.

O obxectivo desta actividade é ofrecer un acompañamento educativo e de reforzo de materias escolares, así como un desenvolvemento e afianzamento de estratexias de estudo que contribuian a mellorar as competencias escolares básicas.

Distribuir contido


by Dr. Radut