Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

 

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

O 25 de novembro, o alumnado e profesorado do IES Leiras Pulpeiro recordamos a todas as vítimas da violencia machista e dixemos NO!!! a esta lacra social.

Limos sentidos poemas, escoitamos unha melodía de liberdade, e gardamos un sobrecoxedor minuto de silencio.

 

Visita á Granja Campomayor

O alumnado do Ciclo formativo de Grao Superios de Procesos e Calidade na industria Alimentaria visitou as instalacións da Granja Campomayor, dentro do seu programa de actividades complementarias.

Ao longo do curso, este alumnado visitará distintas empresas co fin de achegarse aos procesos reais de producción e comercialización dos produtos alimentarios.

 

Obradoiro científico de Galiciencia: “Dos átomos á luz”

Un profesor especialista en divulgación científica, presentou en Galiciencia, no parque tecnolóxico de Ourense, unhas experiencias sobre a luz e os átomos, que seguíu o alumnado de Física e Química de 4º ESO e 3º ESO B do noso instituto con grande interese, a través dunha videoconferencia.

O taller consiste nunha exploración experimental desde as propiedades dos átomos ata o comportamento da luz.

 

Resumo da charla:

Así como a materia está formada por unidades (átomos) que posúen unha estrutura (núcleo e electróns), a luz tamén está formada por unidades (fotóns) que actúan individualmente coa materia e pode producir cambios químicos que dependen da enerxía dos fotóns e da enerxía coa que os átomos están unidos.

Os espectros son representacións da distribución de enerxía presente na luz e de como a luz interacciona cos materiais.

A luz orixínase nos cambios de estado dos electróns nos átomos e a súa análise (espectroscopía) revela que átomos son responsables da emisión de luz. Vemos a luz debido a unha reacción fotoquímica nos pigmentos presentes nas células sensibles da retina, que soamente responden a un certo intervalo da radiación electromagnética (luz visible).

E chegamos a Santiago!

(Preme nas fotos para velas a maior tamaño)

 
Ao longo da pasada semana, o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Leiras Pulpeiro completou con éxito o Camiño de Santiago dende Pedrafita do Cebreiro.
 
Noraboa, fixestes un enorme esforzo e todo saíu moi ben. Esperamos que o teñades desfrutado. Son vivencias para nunca esquecer.
 

Videoconferencia no Día da Ciencia en Galego

 

    

 

O pasado mércores 4 de novembro, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato e o de 3º de ESO participamos nunha videoconferencia con Xurxo Mariño, que nos deleitou cunha charla sobre neurociencia.

Aprendimos moito das posibilidades do noso cerebro, de como construímos a nosa visión do mundo a partir da lingua materna na que medramos e dos estímulos que recibimos polos nosos sentidos.

Ao final puidemos facer preguntas a través de Twitter (@leiraspulpeiro) e Xurxo respostou algunha delas en directo. Outras respostounas despois de rematar a videoconferencia, evidentemente moito máis brevemente (podedes velas nas imaxes).

A actividade, organizada por Igaciencia, recordounos que a nosa lingua é tan válida coma calquera outra para transmitir os coñecementos científicos.

 

Convocatoria de reunión das familias cos titores de 1º e 2º de ESO

O vindeiro día 3 de novembro, martes, ás 19:30 horas celebraremos no IES Leiras Pulpeiro unha reunión de titores e titoras cos pais e nais do alumnado de 1º e 2º de ESO.

Falaremos de aspectos organizativos do centro para o presente curso académico 2015-2016: horarios de titorías, xustificación de faltas de asistencia, uso das axendas escolares, normas de convivencia... Así mesmo informarase das actividades extraescolares previstas para o presente curso académico, do Club de lectura, actividades da biblioteca escolar, aula Planeta e aula virtual.

Agradecemos de antemán a asistencia para recibir as inquedanzas, aportacións e suxestións que se produzan co fin de mellorar, entre todos, a educación do alumnado.

Curso 2017-2018: horario de recepción ás familias

 

 

 

CALENDARIO INICIO DE CURSO 2015 / 2016

Martes 15

10:00 h. - Claustro de profesorado

12:00 h. - Presentación 1º e 2º CFGS Procesos e calidade na industria alimentaria

 

Mércores 16

11:30 h. - Presentación 2º BAC

12:15 h. - Presentación 1º BAC

 

Xoves 17

10:00 h. - Presentación 4º ESO

10:45 h. - Presentación 3º ESO

11:30 h. - Presentación 2º ESO

12:30 h. - Presentación 1º ESO

 

Venres 18

8:30 h. – Comezo das actividades lectivas no horario habitual do centro

 

Nota: As presentacións comezarán no salón de actos, onde o equipo directivo falará co alumnado e lle presentará aos titores/as, alí presentes. Xusto despois, o alumnado irá á aula de grupo co seu titor/a, quen continuará a presentación, mentres os pais/nais e titores/as legais permanecen no salón de actos co equipo directivo

Axudas para adquisición de material escolar

A través da Orde de 25 de agosto de 2015 convócanse axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria, ESO e Educación Especial para o curso 2015/2016.

Requisitos:

  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

   Son compatibles coa percepción das axudas para a adquisición de libros de texto.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

  • As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
  • Presentarase unha solicitude por cada alumno/a matriculado (se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles).
  • As solicitudes (que se poden encher e imprimir desde esta ligazón) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno/a, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
  • O prazo de presentación de solicitudes será do 2 de setembro ao 1 de outubro de 2015.
  • A solicitude deberá presentarse xunto coa documentación debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.
  • A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:
    • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
    • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
  • Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno, presentarase orixinal e copia da documentación, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. En caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.

 

Bolsas do Ministerio para BAC, FP e alumnado con NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Convocadas bolsas e axudas ao estudo polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:

  • Niveles postobrigatorios non universitarios (Bacharelato e FP).
  • Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Prazo: ata o 30 de setembro.

Pódese acceder premendo nesta ligazón:

https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?iA=no&convocatoriaForm.idTema=37

 

Distribuir contido


by Dr. Radut