Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Calendario fin de curso

  • Devolución de libros do fondo: (ese día teñen que levar todos os libros que foron prestados)
    • 3º ESO: luns 18
    • 2º ESO: martes 19
    • 1º ESO: mércores 20
    • 4º ESO: xoves 21
  • Fin de curso:
    • xoves 21
  • Avaliacións:
    • dende o xoves 21 ata o luns 25
  • Entrega de notas:
    • 1º BAC: martes 26 ás 10h
    • 3º e 4º ESO: martes 26 ás 11h
    • 1º e 2º ESO: martes 26 ás 12h
  • Reclamacións:
    • dende o martes 26 ata o xoves 28, entre as 10:00 e as 14:00

PROXECTO ERASMUS+

Ao Leiras Pulpeiro lle foi concedido,por primeira vez na súa historia, un proxecto Erasmus + KA 101, de formación de profesorado. Agardamos sexa o primeiro de moitos e que nos axude a internacionalizar e mellorar o noso centro.

Avaliación final de educación secundaria obrigatoria : Información xeral, datas e horarios

 

Terá carácter mostral. Aplicarase ó alumnado matriculado no curso escolar 2017/2018 en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria nos centros seleccionados para formar a mostra.
Terá finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo.
Valorará o grao de adquisición da competencia matemática, da competencia lingüística e da competencia social e cívica, tendo como referencia principal as materias xerais do bloque das materias troncais cursadas en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.

Martes 29 de maio

Hora-duración         Competencia
8.30-9.30                1 Proba C. Lingüística
                                Lingua castelá e literatura
9:30 Descanso
9:45-10:45               Proba C. Matemática
11:00-11:15             Descanso
11:15-12:15             Proba C. Social e Cívica

Mércores 30 de maio

Hora-duración        Competencia
8:30-9:30                 Proba Lingua Galega
9:30-9:45                 Descanso
9:45-10:45                Proba 1º Lingua estranxeira

Fondo libros 2018-2019

No DOG do 25 de maio de 2018 publicouse a orde que convoca as axudas para material e libros de texto para o curso 2018-2019.

PDF da orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180521/AnuncioG0164-110518-0001_gl.pdf

 

Importante: o prazo remata o día 22 de xuño en todos os casos (tanto se aproba en xuño, como se se examina en setembro ou repite curso).

 

Resume da orde aplicable ó IES Leiras Pulpeiro: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesleiraspulpeiro/?q=system/files/convocatoria_libros_2018.pdf

 

Formas de presentación:

  • Preferiblemente de forma telemática (a maioría dos datos xa os ten a Xunta, así que só terás que cubrir poucos):

 

 

 

REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN FINAL 4º DA ESO

O noso centro foi elixido para realizar a proba de avaliación final de da ESO. A proba realizarase entre os días 29 e 30 de maio.

 

Lista definitiva de alumnado admitido

Listaxe de alumnado admitido para o curso 2018-2019:

 

DÍA NON LECTIVO

O día 18 de maio é o día non lectivo elixido polo centro. Polo tanto haberá ponte desde o 17 ao 20 de maio.

Entrevista Camiño de Santiago

Alumnas de 4ºESO entrevistan a José Antonio e alumnado de 1ºBAC sobre o Camiño de Santiago. É unha actividade do proxecto eTwinning.

 

 

Entrevista Camino de Santiago para eTwinning from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

CARREIRA SOLIDARIA

O vindeiro 4 de maio o IES Leiras Pulpeiro organiza unha carreira solitaria para recadar fondos dentro da campaña Gotas para Níxer, patrocinada por UNICEF. Participará o alumnado de 3º da ESO pero todos os que desexedes, podedes colaborar con eles.

Listaxe provisional de admitidos

Publícase a listaxe provisional de admitidos para o curso 2018-2019:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut