Grupo Convivencia, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades

Somos "Escola sen Racismo"

O xoves 11 de xuño, o alumnado de 1º ESO estivo na proxección das reportaxes solidarias feitas por varios compañeiros da ESO que participaron do obradoiro de TV da Asamblea de Cooperación Pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). Ademais de recibir os diplomas de participación, o director Uxío Grande recolleu para o centro a placa que nos acredita como membro da rede de Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o desenvolvemento. Noraboa a todos/as.

Xornada de convivencia en 1º de ESO

O pasado luns, 20 de outubro, 85 alumnos e alumnas de 1º da ESO e seis profesores participamos nunha andaina pola fraga de Quiroga e arredores, en Catasós. Unha soleada mañá na que descubrimos algo máis acerca dos compañeiros, da fraga e do pazo de Quintela.Con ela perseguíase un mellor coñecemento e achegamento entre alumnos e docentes de 1º da ESO. A actividade, promovida desde a Comisión da Convivencia, ocupou un recreo e as catro últimas sesións de clase.

Fomentando a convivencia, educar en valores

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro o alumnado de 2º de ESO está a traballar a igualdade e aspectos da convivencia cos técnicos Susi Payo e Celso Taboada do Servizo de Igualdade do Concello de Lalín.

Estereotipos de xénero, Bullying, formas de reaccionar..., son algúns dos aspectos a tratar de xeito ameno e coas distintas opinións de todo o alumnado.  

 

 

Día da Paz

Os departamentos de Relixión, Orientación e Plástica conmemoraron o 30 de Xaneiro , Día da Paz, con dúas exposicións tituladas: "A paz nas distintas relixións" e  " A Paz: do A ao Z".

Na primeira o alumnado buscou frases célebres de persoaxes representativos de cada relixión , co obxectivo de  mostrar que todas elas perseguen o mesmo fin: A Paz, un punto máis no logro da harmonía. 

Coas distintas letras do alfabeto o alumnado e titores de ESO eleboraron tamén listados de  palabras para conmemorar este día.

Aquí tes algunhas fotos.

Teatro Fórum de Igualdade

Teatro Fórum de Igualdade

 

Os días 21 e 27 de Xaneiro realizamos, coa colaboración das monitoras da Asamblea de Cooperación pola Paz (Santiago), o segundo Teatro Fórum para o alumnado de 1º de ESO.

Reflexionaron e aprenderon sobre Igualdade de Xénero, respecto e convivencia.... mediante dinámicas amenas e  lúdicas.

 

Para ver máis bótalle un ollo á galería de fotos.

Aprendendo a convivir

Aprendo a convivir

 

Novamente a educadora social Isabel Presas do centro Quérote+ colabora con nós no Obradoiro de Convivencia para o alumnado de 3º de ESO enmarcado dentro do Plan Proxecta.

O alumnado aprendeu a convivir, poñendo en práctica habilidades como a escoita activa, asertividade, empatía,...

Fai clik aquí para ver algunhas imaxes.

 

 

"La sonrisa de los caimanes" de Elvira Fe Nercellas, premio nacional da 53ª edición do Concurso de Relato Corto CocaCola

"Ahora me doy cuenta de que no es todo oro lo que reluce y de que los caimanes tienen una sonrisa malvada", así termina o relato co que Elvira ven de acadar o premio nacional do Concurso de Jóvenes Talentos de Relato Corto organizado pola Fundación CocaCola España. Tras proclamarse como o mellor relato da nosa comunidade neste momento está entre os seis mellores relatos que van a dilucidar cal é o gañador desta edición. Noraboa a Elvira e tamén a María Viana que se proclamou sexta no sector de Santiago. Elas as duas , xunto con Clara, Lucía, Juan Manuel e Verónica representaron ao IES Laxeiro e unha vez máis o noso centro acadou un éxito rotundo. Elvira sucede así a Nerea Brey, Cristina Pichel e Antía Crespo que no seu momento levaron ao noso centro á élite nacional. Grazas a todas elas por a ledicia deses momentos que foron inolvidables.

O día 20 de xuño Londres espera coma agasallo e despois en Madrid, e na Residencia de Estudiantes, Almudena Grandes, Fernando Lalana e outros escritores de sona traballarán cos seis primeiros premios, entre os que estará Elvira, para tentar de gañar esta edición dun concurso do que entre outros partiparon e mesmo non gañaron: Antonio Muñoz Molina, Amenábar, Lucía Echevarría, Ageles Caso, Elvira Lindo, Gran Wyoming, Laura Casielles, Maite Carranza, Felipe Sahagún...

Disfrutade do relato e da galería de fotos do acto celebrado o día sete de xuño en Santiago

Final de Cifras e Letras 2013

Un ano máis tivo lugar o concurso de CIFRAS E LETRAS organizado polos dous institutos de Lalín, o IES Ramón Mª Aller e o IES.Laxeiro. Nesta edición resultaron gañadores nas súas respectivas categorías, 2º ESO B e 4º ESO A do IES.Laxeiro. Aquí tendes máis información do concurso e a galería de fotos para o recordo.

Xornada de Convivencia co alumnado de 1º ESO

O venres 5 de outubro, 88 alumnos de 1º da ESO e oito profesores participamos nunha xornada de xogos cooperativos, castañas e refrescos á sombra da carballeira do Rodo. A actividade, promovida desde a Comisión da Convivencia, ocupou un recreo e as tres últimas sesións de clase. Con ela perseguíase un mellor coñecemento e achegamento entre alumnos e docentes de 1º da ESO. Fixemos moitas fotos.

Xornada de Convivencia

Obradoiro de Habilidades Sociais para 1º ESO

O luns 8 de novembro, os grupos de 1º ESO participaron un obradoiro de habilidades sociais impartido por psicopedagogas do Servizo de Drogodependencias do concello. Os temas tratados abranguían a asertividade, importancia de saber dicir que non, técnicas para levalas a cabo.

 

Distribuir contido