Xefatura de Estudos, Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Novas de interese, Avaliacións e Exames

Axudas para a realización de actividades de formación en Linguas Estranxeiras Ano 2011

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011. Poderán solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos de 6º Primaria; 1º-2º-3º e 4º ESO; 1º e 2º Bacharelato e Ciclos Superiores que teñan no seu currículo un módulo profesional de lingua estranxeira.Na seguinte nota informartiva, na Orde do 8 de marzo de 2011 e no cartel informativo atoparedes toda a información. O prazo abrangue desde o 12 de marzo ata o 12 de abril  e a Web da convocatoria é a seguinte: http://wwww.edu.xunta.es/axudasle

Modificación nas Probas de acceso á Ciclos Superiores: A data será o venres día 1 de abril

No DOG de hoxe, día 10 de marzo, ven de publicarse a Resolución de 2 de marzo que modifica a Resolución de 11 de xaneiro, referente ás probas de acceso á Ciclos. O cambio da data da proba de acceso á Ciclos Superiores , será o venres, día 1 de abril, e o 17 de marzo, en lugar do día 10, como data de publicación dos lugares onde se van a constituir as comisións das realización de probas, son os cambios significativos.

Listaxe provisional de exencións para os inscritos no IES.Laxeiro ás Probas de acceso á Ciclos Superiores

Xa está disponible a listaxe provisional de exencións para as probas de acceso á Ciclos Superiores. Contra esta listaxe poderanse presentar reclamacións a modo de instancia, os días 4 7 8 9 e 10 de marzo no centro onde se realizase a inscripción.

Listado definitivo de inscritos no IES.Laxeiro ás Probas de acceso á Ciclos Superiores

Publicada no día de hoxe a listaxe definitiva de inscritos ás Probas de acceso á Ciclos Superiores. O día 3 de marzo sairá publicada a resolución provisoria de exencións.

Vaca Films no IES Laxeiro

O vindeiro venres 22 de outubro, Vaca Films, produtora galega de cine, responsable entre outros títulos de Cela 211, vai desenvolver no IES Laxeiro de Lalín un programa de achegamento e promoción do cine aos estudantes de 2º de bacharelato.

1º ESO A: gañadores dun premio en "Clases sen fume"

Felicitamos ao alumnado de 1º ESO A e a súa titora Mar García polo accesit conseguido co proxecto "Reoca sen fumes" hoxe en Santiago. Para que vos fagades unha idea, en Galicia participaron uns 6000 alumnos e 115 centros, sendo 12 os preseleccionados para os premios.

Animar tamén a 1º ESO B, C e 2º ESO B que tamén participaron, e a todos para que o próximo ano se poida repetir esta xornada. Enviamos un saúdo aos compañeiros do IES Val do Asma de Chantada cos que compartimos bus e xornada.

Así pois, esperamos que 1º ESO A pase unha divertida e mollada xornada no Aquapark de Cerceda e a todo o IES Laxeiro para que desfrute e xogue á Reoca que está situada no patio interior da cafeteria (instruccións de xogo na porta acristalada).

Probas libres para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria ( ESO )

Convócanse probas para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria (ESO ) para alumnos/as que cumpran 18 anos o día anterior ao día da proba. Para máis infromación consultar o arquivo adxunto.

Un grupo de alumnos do IES Laxeiro, gañador da primeira edición Parlamento xove de debate

Coordinados polo profesor Manuel Igrexas, os alumnos de Bacharelato do IES Laxeiro Yolanda Gordedo, Marcos Vilas, Lucía Riádigos, Fátima Mosteiro e Roi Gallego, resultaron gañadores da primeira edición do Parlamento Xove, anteriormente denominado Liga de Debate, tras superar na final ao centro SEK Atlántico de Pontevedra.

NOVO MATERIAL PARA ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL

Está dispoñible en orientación novo material de interés para alumnado de bacharelato e de 4º ESO interesado tanto en titulacións universitarias coma ciclos medios e superiores. Dado que ten copyright non se pode colgar na web e só o podedes consultar no despacho da orientadora.

Descrición do material:

-DVD Anuario "Entre estudiantes" con guias para decidir futuro, información sobre todas as universidades e estudos universitarios, notas de corte, campus....en España-

-Novos exemplares das revistas "Y ahora qué" (cun especial sobre o selectivo, probas de acceso a universidades privadas, guía práctica de universidades e un monográfico sobre a titulación de Dereito) e "Entre estudiantes" (con mongráficos sobre grao en información e documentación, grao en óptica e optometría e técnico superior en secretariado, así como tendencias de emprego para o 2010).

¡Pasade a consultalas cando queirades! Son de gran utilidade.

 

Distribuir contido