O IES Laxeiro participa na II Liga galega de debate

Un equipo do IES Laxeiro participou do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro na II Liga Galega de Debate.

O equipo estaba formado polos alumnos de 1º BAC: Fátima Mosteiro, José
Manuel Poza, Sonia Reboredo e Marcos Vilas, coordinados polo profesor
Manuel Igrexas. 

Viaxe a Sotavento

Como xa ven sendo tradicional, o pasado xoves 22 de xaneiro de 2009 o alumnado de 1º de Bacharelato da modalidade  de Ciencias e Tecnoloxía visitou o parque eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de física e tecnoloxía acerca das enerxías renovables. 

A visita tivo unha duración de catro horas aproximadamente, onde se expuxo un importante contido tanto práctico coma teórico, pois os guías adaptáronse moi ben ao nivel dos escolares.

Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía. 

Festival de Nadal

O xoves 18 de decembro celebrouse no salón de actos do instituto o Festival de Nadal. Nel participaron alumnado da ESO e de Bacharelato. Ó longo da mañá, foron pasando polo escenario alumnos e alumnas da área de Música para interpretar diferentes cancións e coreografías. Tamén contamos cun espectáculo de maxia a cargo do Mago David. Este mesturou humor e maxia sen deixar de cautivar en ningún momento ó público.

Axuda de Escritorio

Ás veces somos un pouco reacios a incorporar as novas tecnoloxías á nosa práctica docente. Aquí tedes un exemplo moi ilustrativo.

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado martes día 25 de novembro, os alumnos e alumnas dos Ciclos Formativos e 2º de Bacharelato acercáronse ó Filmax Pontiñas para ver a película "A Descoñecida" do director italiano Giuseppe Tornatore. Esta actividade estaba enmarcada dentro das actividades organizadas pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Viaxe a Galiciencia e actividades de Tecnópole

O pasado martes día 18 de novembro o alumnado de 4º de E.S.O. viaxou a Ourense para asistir e desfrutar coas actividades programadas no proxecto Galiciencia e outras preparadas grazas ao patrocinio do parque Tecnópole e a organización de Altega. A viaxe foi preparada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía.

Visita exposicións

O vindeiro xoves 13 de novembro, dentro das actividades da Semana da Ciencia, o alumnado de 3º ESO visitará en Santiago dúas exposicións relacionadas coas matemáticas:

- De como aprendemos a contar e os aparellos empregados (Facultade de Matemáticas - Campus Sur)

- Escher e as matemáticas (Sala de exposicións de Sargadelos)

Estas exposicións estarán abertas ao público en xeral ao longo de toda a semana para aqueles que esteades interesados.

 

Viaxe Fin de curso a Londres

Este xoves día 19, 41 alumnos e alumnas de 4º ESO parten de viaxe para Londres con motivo da excursión de fin de curso. Estarán acompañados por tres profesores do centro. A volta será o día 24 deste mes.

I Festival das Letras Galegas e fin de curso

O pasado 30 de maio tivo lugar no patio do Laxeiro o I Festival das Letras Galegas-Fin de curso. Houbo cancións, teatro, Parkour e moito máis durante as dúas últimas horas da mañá, coa participación masiva do alumnado e profesorado do Centro.

Semana do Medio Ambiente

Co gallo da celebración o día 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente, dende o grupo da Axenda 21 do Centro realizaremos varias actividades conmemorativas durante a semana do 2 ao 6 de xuño.

Distribuir contido